Riotorto busca un xuíz de paz

O Concello de Riotorto vén de abrir o prazo de presentación de candidaturas para o cargo de xuíz de paz titular e substituto.

Os requisitos para este posto son ser español, maior de idade, non ter impedimentos físicos ou psíquicos, non ter condeas e non estar inhabilitado.

As solicitudes deberán presentarse nas oficinas municipais xunto co certificado de nacemento, fotocopia do DNI, certificado de penais, méritos e certificado médico.

O prazo de presentación é de 20 días polo que finalizará sobre o 5 de xullo.

Etiquetas