Arrinca unha nova edición do Buxiganga

A Deputación inicia o sábado 30 de xuño a programación do Buxiganga, que remata o 25 de novembro. Este ano xa celebra a 10ª Edición e conta cun orzamento de 70.000 euros. “Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Goberno Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, dando a coñecer a actuación de colectivos teatrais lucenses”, sinalou a Deputada.

García Porto explicou que “co Buxiganga 2018 participarán 400 actores de teatro afeccionado en 50 Concellos da Provincia, nun total de 109 actuacións. Con esta iniciativa que promove o teatro afeccionado na provincia de Lugo, dende a Deputación cumprimos un dobre obxectivo: promocionar o teatro afeccionado, debido á grande cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos, e dinamizar cultural, social e economicamente os municipios da provincia, especialmente os do rural”.

O Buxiganga está dirixido a municipios e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, que solicitan a celebración de actuacións, e as agrupacións de teatro son as que representan as obras nos Concellos e entidades que o solicitan.

109 actuacións en 50 concellos da Provincia

O Buxiganga chegará este ano a 50 localidades da provincia con 109 actuacións. A programación prevista na Terra Chá será a seguinte:

BEGONTE

Sábado 22 de setembro ás 18:00 na Casa da AA.VV. O Castro
(Asociación Cultural Castiñeiro Milenario)
ALENTÍA TEATRO: “Manancial de fantasía”

Sábado 20 de outubro ás 19:00 Casa da Cultura de Begonte
(Asociación Cultural Castiñeiro Milenario)
A MARIÑA: “Eres único: teatro contra o bullying”

FRIOL

Sábado 13 de outubro ás 17:00 no Centro Social de Carballo
(Asociación Cultural Carballo Vivo)
GRUPO HUMORÍSTICO TRÍPODE: “A panxoliña máis fermosa”

Sábado 10 de novembro ás 17:00 no Centro Sociocultural de Friol
(Asociación Cultural Carballo Vivo)
TEATRO LUCHO HOSPITAL XERAL-CALDE: “O parto de Calandrino”

GUITIRIZ

Domingo 28 de outubro ás 18:00 na Casa Habanera
(Concello de Guitiriz)
A MARIÑA: “Eres único: teatro contra o bullying”

Sábado 24 de novembro ás 19:00 na Casa Habanera
(Concello de Guitiriz)
NOVA ESCENA TEATRO: “As fillas de Eva”

MEIRA

Sábado 8 de setembro ás 18:00 na Casa da Cultura
(Asociación Cultural Eme de Meira)
A MARIÑA: “Eres único: teatro contra o bullying”

Sábado 22 de setembro ás 20:00 na Casa da Cultura
(Asociación Cultural Eme de Meira)
COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO: “Enciclopedia Álvarez”

Sábado 20 de outubro ás 20:00 na Casa da Cultura
(Concello de Meira)
O TORQUES: “Onde as dan as toman”

Domingo 25 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura
(Concello de Meira)
GRUPO HUMORÍSTICO TRÍPODE: “A panxoliña máis fermosa”

MURAS

Sábado 29 de setembro ás 18:00 no Local Social
(Concello de Muras)
OS PALIMOQUIÑOS: “Borralliña”

Sábado 27 de outubro ás 18:00 no Local Social
(Concello de Muras)
CURUXAN: “Improdecente”

OUTEIRO DE REI

Sábado 27 de outubro ás 20:00 no Local da Asociación Penas de Rodas
(Asociación Penas de Rodas)
O CENTIÑO: “Zume de amorodios”

PASTORIZA, A

Sábado 7 de xullo ás 22:00 no Centro Sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa
(Asociación Medioambiental e Sociocultural de Veciños de Santiago de Reigosa)
A ADALA INFANTIL: “Mamasiña que medo!”

Sábado 15 de setembro ás 22:00 no Centro Sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa
(Asociación Medioambiental e Sociocultural de Veciños de Santiago de Reigosa)
GRUPO DE TEATRO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ANTAS DE ULLA: “A farsa do Bululú”

POL

Sábado 29 de setembro ás 22:00 no Centro Sociocultural de Mosteiro
(Concello de Pol)
METÁTASE TEATRO: “O Euromillón”

Sábado 3 de novembro ás 22:00 no Centro Sociocultural de Mosteiro
(Concello de Pol)
LUME ESCÉNICO: “Hotel Rosamar”

Sábado 17 de novembro ás 17:00 no Centro Sociocultural de Mosteiro
(Asociación Cultural Leña Verde de Pol)
CENTRO TEATRAL FARO-MIÑO: “Langreira de amor”

RÁBADE

Domingo 28 de outubro ás 18:00 no Centro Sociocultural
(Concello de Rábade)
TEATRO LUCHO HOSPITAL XERAL-CALDE: “O parto de Calandrino”

Domingo 18 de novembro ás 18:00 no Centro Sociocultural
(Concello de Rábade)
TORTA DE MILLO: “Innoveitin… ou algo”

RIOTORTO

Sábado 27 de outubro ás 22:00 no Centro Sociocultural
(Concello de Riotorto)
LUME ESCÉNICO: “Hotel Rosamar”

Sábado 10 de novembro ás 22:00 no Centro Sociocultural
(Concello de Riotorto)
O BORDELO: “Depende”

VILALBA

Sábado 13 de outubro ás 20:00 no Auditorio Carmen Estévez
(Instituto de Estudios Chairegos)
HIPÓCRITA TEATRO: “Hotel Desencanto”

Sábado 27 de outubro ás 20:00 no Auditorio Carmen Estévez
(Instituto de Estudios Chairegos)
ACHÁDEGO TEATRO: “Balas sobre Broadway”

XERMADE

Sábado 10 de novembro ás 18:00 na Sala de Xuntas da Biblioteca Municipal
(Concello de Xermade)
METÁTASE TEATRO: “O Euromillón”

Participarán 40 grupos de teatro da provincia con 400 actores afeccionados, entre os que figuran os seguintes da Terra Chá:

CASTRO DE REI; Os Baluros “Menciñeiro á forza”, e Os Trocos “Farsa plautina”

GUITIRIZ; Torta de Millo “Innoveitin… ou algo”

POL; Unidade do Zono “Tren a Nápoles”

Balance 2017

Etiquetas