Skip to main content
Actualidade

A Xunta inicia as obras de mellora da eficiencia enerxética no Ceip Veleiro-Docampo

Por 4 Xullo, 2018Sin comentarios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia as obras de mellora da eficiencia enerxética no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Veleiro-Docampo, situado en Castro Ribeiras de Lea, no municipio de Castro de Rei.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu hoxe á sinatura da acta de replanteo coa que formalmente dan comezo os traballos, que foron adxudicados en 327.462 euros. A Consellería traballa coa previsión de rematalos a finais do mes de setembro, se ben as instalacións estarán en condicións de ser utilizadas xa para o comezo do novo curso escolar, o día 12 de setembro.

No acto participaron tamén a subdirectora xeral de construcións e equipamento da Consellería, María Jesús López López; a xefa territorial en Lugo, Mariña Gueimunde; e o director do centro, Juan José Díaz Valiño, entre outros.

Balseiro explicou que se actuará sobre a fachada, as carpinterías e a iluminación interior das instalacións, conseguindo un aforro enerxético anual de en torno ao 19 por cento.

Na fachada instalarase un sistema de illamento térmico polo exterior, acabado con revoco decorativo. Prevese igualmente a substitución das carpinterías exteriores por outras de aluminio con rotura de ponte térmica e vidros de dobre acristalamento, baixo emisivos, acústicos e de seguridade. Tamén se renovarán as persianas nas carpinterías substituídas e cambiaranse carpinterías interiores e outros elementos de albanelería.

Polo que respecta ás luminarias, renovaranse nas zonas de aulas e aseos utilizando lámpadas led con detectores de presenza e equipos de regulación multisensor, que acomodan gradualmente o fluxo das luminarias cando o nivel de iluminación debido á luz natural está por encima do valor seleccionado. Acompáñase da instalación dun novo falso teito con absorción acústica para a mellora do acondicionamento acústico das aulas.

Como actuacións complementarias, cabe citar a reforma da instalación de fontanería e aparatos sanitarios, e a reparación e pintado de paramentos interiores en base ao estudo cromático elaborado polo Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG).

Balseiro destacou que a Consellería realiza “unha dobre aposta, pola modernización das instalacións educativas e polo desenvolvemento sustentable, coa que consigue un beneficio