Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Infidelidade…tan só unha cuestión física?

Por 6 Xullo, 2018Sin comentarios

Por Marta R. Engroba – Asociación. Si, hai saída.

Hai algúns días, no transcurso dunha conversa, saiu a relucir unha cuestión que semella ser nova, malia que eu penso que é tan vella coma a vida mesma, o único que mudou e que, tal vez hoxe en día, por mor das novas tecnoloxías, existen mais ferramentas para que se dé e, por outra banda, agora fálase dela, algo que hai tempo era impensable.

Estou a referirme a que se denomina “infidelidade emocional”.

Non comezamos, na conversa a que aludo, a falar deste tema por casualidade, senón que xurdiu polo que están a vivir dúas persoas en concreto as que coñecemos, e que eu creo que é algo que lle pode ocorrir a calquera, por moi raro que nos poda chegar a soar.

Normalmente asociamos o termo infidelidade con unha relación física, pero, qué ocorre cando este contacto non se produce e, malia eso, é evidente que algo está a suceder entre dúas persoas?.

A situación en cuestión e a siguinte:

Dúas persoas coñecéronse. Unha delas non tiña, nin ten, compromiso. A outra sí, e serio. De feito comparte a súa vida con outra persoa desde hai moitos anos, e felizmente, polo menos en apariencia.

Ainda así, desde o primeiro momento se fixo patente a conexión entre os dous. Comparten aficións, teñen infinidade de cousas en común e as conversas entre ambos sobre temas que aambos lles motivan e lles interesan poden durar horas e mais horas.

O que comezou como unha relación neste caso propiciada polas súas respectivas actividades profesionais, foi transformándose en amizade, ata nacer unhos sentementos cada vez mais afectuosos, que non son exactamente os que se sinten por un amigo ou amiga, senón que entran nun terreo diferente. Realmente se gustan e sinten algo un polo outro.

A persoa comprometida respecta profundamente a súa parella, polo que evita que esa relación pase a un plano físico, malia que os sentementos siguen presentes, pero tenta contelos e mesmo xustificalos, cualificando esa relación de amizade, malia que é obvio que  esa barreira, a da amizade, hai xa tempo que se traspasou.

O contacto é constante, malia que non se ven moito. As mensaxes, correos, que deixan traslucir un inmenso cariño son algo habitual. Non se trata de correos con connotación sexual, nin moito menos, pero o sentemento que transmiten é obvio, así como a preocupación que sinten un polo outro.

Nin siquera a distancia que pasado o tempo circunstancias profesionais lles impuxeron e que os separou xeográficamente interrumpiu ese contacto, que seguiu e sigue sendo igual de afectuoso, a vez que un reflexo da nostalxia que os dous sinten, de canto se botan de menos.

Estamos ante unha infidelidade?. Está a persoa comprometida enganando a súa parella malia que en ningún momento se chegou a consumar unha relación física?.

O debate xa estaba servido.

Xurdiron opinións para todos os gustos, para, finalmente, a balanza entre o “hai infidelidade” e o “non hai infidelidade” ficar bastante equilibrada, malia que cobrou un chisco mais de forza a hipótese de que, non habendo sexo, non se pode falar de infidelidade.

Eu, por suposto, tamén saquei as miñas conclusións, non sei se erradas ou non, pero creo que as teño claras.

Eu voto polo SI. E conste que estou por asegurar que a persoa comprometida está totalmente convencida de non estar cometendo ningún tipo de engano hacia a súa parella, pero, para min, a cuestión física, o feito de ter sexo ou non, é algo que case cualificaría de anecdótico.

O que, para min, realmente define o sentir amor por alguien é un sentemento, e se eu fora a parella desa persoa que comparte tantas cousas con outra, que deixa evidente con cada  mensaxe, con cada verba, o cariño que sinte , que sempre, por moito que a voráxine diaria lle escatime o tempo, atopa un intre para contactar de novo, sen dúbida sentiríame enganada.

A chamada infidelidade emocional, que penso que é o que se está a dar neste caso, pode tentar disfrazarse de amizade, de sinxelo afecto, pero é, para min, moito mais significativa e vai moito mais alá que unha mera relación sexual.

O sexo pode ser algo puntual, ou, mesmo no caso de practicarse con frecuencia, non implicar ningunha ligazón emocional, pero un sentemento, cando é de verdade, cando se instala firmemente no corazón de alguien, é moito mais . Contra eso é moi difícil loitar.

E resumo, para min a infidelidade non é unha cuestión física.

Se tes parella, e o teu corazón, os teus sentementos,  lle pertenecen a outra persoa, o mesmo da como o definas, o nome que lle poñas. Non dubides que estás a ser infiel.