Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Oestrose

Por 6 Xullo, 2018Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por Raul Río

Hoxe imos falar da oestrose ovina, unha enfermidade causada por moscas nas ovellas e cabras, e que pode complicarnos a vida na nosa explotación

O verme do nariz (Oestrus ovis) é unha especie de díptero (mosca) cuxas larvas causan a miasis ( infección causada por moscas)coñecida co nome de oestrose ovina, enfermidade tamén chamada rinite- sinusute parasitaria.

En ocasións, segundo os síntomas e a evolución da enfermidade, chámase tamén falso torneo ou falsa tolemia dos lanares. (O torneo é unha enfermidade causada polos cister larvarios da tenia Taenia multiceps e do que falaremos en outra ocasión)

Ataca preferentemente ovellas, pero víronse casos en cabras e en humanos.

A mosca adulta , vive pouco, de 2 a 10 días,  ten un voo rápido cando se achega aos ovinos para depositar as súas larvas. Non ten boca e non se alimenta. Despois da fecundación, dos ovos saen larvas sobre as moscas, que se achega aos ovinos para depositalas ao redor das fuciños. As larvas trasládanse ao interior das fosas nasais onde comezan o seu desenvolvemento. As moscas atacan nas horas de maior calor. As larvas  son moi brancas e teñen un par de ganchos negros na súa extremidade anterior. A maioría das larvas atópanse sobre a mucosa do nariz migrando cara ás zonas superiores chegando a seos frontais e maxilares, poden atravesar as paredes destes e alcanzar o cerebro.

Tras penetrar, a larva vai evolucionando por distintos estados (larva de segundo e terceiro estado). Durante a súa evolución nútrense do moco  das cavidades nasais. A duración da evolución larvaria no hóspede é de varias semanas a varios meses, segundo a época do ano. Cando as larvas maduran reptan ao exterior para ser eliminadas, en ocasións de esbirros, no medio ambiente; logo baixo pedras, pasto ou terra, endurecen a capa externa do seu corpo que toma cor marrón escura a negro, a larva transfórmase en pupa nuns 2 ou 3 días. As pupas evolucionan a moscas adultas nunhas 3 a 8 semanas, quedan libres con temperaturas de 16º C

Se hai gran cantidade de larvas trasladándose, o animal presenta síntomas de rinitis e sinusitis, atontamento, falta de alimentación, dificultade para respirar, descarga de mocos marelos ou marróns cunha irritación que leva a esbirrar con frecuencia e a sacudir a cabeza; pode haber rechinar dos dentes ( indicativo de dor)s e posicións anómalas da cabeza ( inclinacións laterais). Os síntomas non permiten que os animais se alimenten, de maneira que os años atrasan o seu crecemento. Se as larvas chegan ó cerebro, os síntomas e lesións son máis serios, presentando signos neurolóxicos.

Para evitar este problema, e tendo en conta que a desta especie é moi curta. O tratamento débese orientar nas moscas adultas e larvas na época de máis calorr do ano. Tendo en conta estes dous conceptos, pódese determinar que a mellor época para aplicar tratamentos preventivos inicio do verán, apoiados con tratamentos para erradicar o parásito na fin do outono.