Sons da Chaira, protagonista do Festival Intercéltico de Lorient

Galicia e con ela a Terra Chá foi o territorio convidado de honor á vindeira edición do Festival Intercéltico de Lorient. Así o confirmou a propia organización do evento, que presentou nunha conferencia de prensa o cartel promocional da cita para o 2019, no que se fai referencia á 49ª edición como “O ano de Galicia”. A nova foi tamén publicada no propio web do festival (https://www.festival-interceltique.bzh/2019-la-galice/ ). No presente ano o territorio convidado de honor é o País de Gales

Neste sentido, Galicia conta habitualmente cunha ampla representación nesta cita. Non en balde, na actual 48ª edición participan Uxía, Rodrígo Romaní, Beatriz Martínez, Xulia Feixóo, a Banda de Gaitas Son da Chaira de Rábade-Begonte, o grupo de baile Saiñas de Xove, o gaiteiro Anxo Lorenzo, Pepe Vaamonde e o cuarteto Sementeira. Así mesmo, o 33 Trofeo Mac Crimmon de Gaita peninsular contou con catro solistas galegos: Xesús Rodríguez, Manuel Seoane, Diego Prieto e Raquel Vilas. No caso de Uxía e Rodrigo Romaní, a Agadic prestou o seu apoio ao desprazamento e gastos a través das subvencións a distribución.

O grupo chairego fixo varias actuacións, como a do luns 6 e o xoves 9.

Con 48 anos de historia, o Festival Intercéltico de Lorient reúne en cada edición máis de 4.500 artistas de Bretaña, Escocia, Gales (país convidado este ano), Cornualles, Illa de Man e Irlanda, así como de Galicia e Asturias, ademais duns 120.000 espectadores con entrada e 750.000 visitantes na localidade. A 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient celebrarase na localidade bretoa entre o 2 e o 11 de agosto de 2019.

Etiquetas