Caixa Rural e Seguros RGA organizan varias accións solidarias durante a Volta

Con motivo da visita da Volta a Galicia, Caixa Rural Galega e Seguros RGA organizaron varias accións solidarias ligadas ao mundo do ciclismo e ao apoio que o Grupo Caja Rural pretende transmitir ao equipo ciclista Caja Rural Seguros RGA que disputa a rolda española.

Deste xeito, celebráronse dúas Bicicletas Solidarias en Ourense e Mondoñedo nas que grazas aos quilómetros percorridos polos asistentes, que serán transformados en euros por Caixa Rural  Galega, faranse dúas doazóns a dúas institucións galegas.

O día 5 de setembro en Ourense, a Bicicleta Solidaria xerou unha doazón de 2.118 euros cos 706 quilómetros pedaleados que, neste caso  Caixa Rural  Galega doará á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense ( AFAOR). O destino desta doazón será contribuír coas obras das súas futuras novas instalacións.

En Mondoñedo, ó día seguinte, pedaleáronse 641 quilómetros que se transformarán en 1.923 euros que irán a parar ao Hospital San Pablo e San Lázaro. Neste caso o destino está previsto que sirva para a organización dunha xornada de deporte inclusivo para os residentes do Hospital que se espera contará coa participación de adestradores  paralímpicos.

Este é o sexto ano que se desenvolve a iniciativa Bicicleta Solidaria, un proxecto presente en todas as fan  zone de Seguros  RGA e o Grupo Caja Rural desde o ano 2013, e que converte cada quilómetro pedaleado na fan zone, en doazóns para diferentes causas sociais.

Ademais de colaborar cunha boa causa, os asistentes puideron gozar dunha experiencia única no espazo de realidade virtual, onde coñeceron un pouco máis ao equipo ciclista Caixa Rural-Seguros  RGA e os seus logros nos máis de 30 anos de existencia da escuadra verde, ademais de participar en sorteos de camisetas e “maillots”.

As Bicicletas Solidarias contaron ca visita de representantes das institución beneficiarias e ca presenza tamén de destacadas persoalidades como o alcalde de Ourense Xesús Vazquez, o Vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, a Alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia e o Presidente da Deputación de Lugo Daríao Campos. Tamén visitaron as Bicicletas solidarias para sumar quilómetros o Presidente e Director Xeral de Caixa Rural Galega e persoal de Seguros RGA. Incluso os presidentes dos Bancos de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, de de Lugo, Amadora Núñez, que en anteriores ocasións foran beneficiarios de Bicicletas Solidarias, visitaron as Bicicletas Solidarias apoiando de igual xeito estas accións.

Ademais o mesmo xoves, os empregados de Caixa Rural Galega, xunto ós máis de 8.000 empregados do Grupo Caixa Rural cambiaron os seus traxes por camisetas verdes que, nesta ocasión, ían cheas de esperanza para todos os nenos hospitalizados que non teñen a oportunidade de gozar do lecer debido á súa estancia nos hospitais, xa que o Grupo Caixa Rural destinará o 10% de cada póliza vendida o 6 de setembro ao proxecto Infancia Hospitalizada de Cruz Vermella Xuventude.

ACERCA DE CAIXA RURAL GALEGA

Caixa Rural  Galega, única cooperativa de crédito galega, foi creada en Lugo no ano 1966 denominada entón como Caixa Rural Provincial de Lugo. No ano 2001 cambia a súa denominación por  Caixa Rural  Galega, cambiando previamente o seu ámbito de actuación de provincial a autonómico. Actualmente conta con 46 oficinas en Galicia e é unha das entidades con conforman o denominado Grupo Caixa Rural.

ACERCA DE SEGUROS  RGA

Seguros  RGA, entidade participada das Caixas Rurais pertencentes ao Grupo Caixa Rural, creouse en 1986 co obxectivo de prover aos clientes das Caixas Rurais dunha oferta competitiva de seguros e plans de pensións, contribuíndo así á súa fidelización e retención, complementando a gama de produtos parabancarios a comercializar. Seguros RGA está integrada por cinco sociedades que desenvolven toda a súa actividade de seguros no territorio español, a través da rede de oficinas das Caixas Rurais que conforman o Grupo Caixa Rural.

ACERCA DO GRUPO CAJA RURAL

O Grupo Caixa Rural é o principal representante da banca cooperativa en España. Líderes en activos, en número de oficinas, en solvencia e en eficiencia, as entidades que compoñen o Grupo Caixa Rural comparten empresas de servizos como o Banco Cooperativo Español, a compañía aseguradora Seguros  RGA e Rural Servizos Informáticos. Dentro do Grupo, a Asociación Española de Caixas Rurais é o instrumento de coordinación e foro de debate estratéxico e representación, servindo tamén para fixar as prioridades, estratexias e políticas do Grupo.

Etiquetas