A Subdelegada anima aos concellos lucenses a sumarse ao sistema Viogen contra a violencia de xénero

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anima a todos os concellos da provincia de Lugo a integrarse no Sistema de Seguemento Integral de Violencia de Xénero (VIOGEN) nunha carta que remitiu aos 67 rexedores municipais.

Na misiva, Isabel Rodríguez dá conta aos alcaldes e alcaldesas da recente aprobación do Real Decreto-Lei de medidas urxentes para o desenvolvemento do pacto de estado contra a violencia de xénero, que fai realidade, explica a subdelegada, “unha vella demanda a nivel local que o Goberno do Estado acaba de levar a efecto, dita modificación devolve aos concellos as competencias en materia de igualdade e violencia contra a muller, fortalece a tutela xudicial, o acceso á xustiza e aos recursos de asistencia ás vítimas de xénero”.

A devolución de competencias na materia á Administración do Local, por ser a máis próximas ás vítimas, vai acompañada da transferencia de recursos económicos. A subdelegada do Goberno explica que “os fondos destinados aos programas dirixidos a erradicar a violencia de xénero para os Concellos (20 millóns de euros no presente exercizo e 40 millóns de euros en 2019), distribuiranse vía transferencia finalista e directa, ou a través doutras Entidades Locais.

En canto aos criterios de distribución dos fondos será a seguinte:

  • Unha cantidade fixa de 689 euros por Concello
  • Unha cantidade fixa por importe de 0,18 euros por habitante, no presente exercizo e tomando como referencia os habitantes de dereito ao 1 de xaneiro de 2017
  • O remanente que exista despois de aplicada a anterior repartición, distribuirase proporcionalmente entre todos os municipios incorporadoa ao Sistema de Seguemento Integral de Violencia de Xénero (VIOGEN)

CASOS E FONDOS PARA LUGO

Na provincia de Lugo rexistrábanse, a mediados deste mes, 466 casos de violencia de xénero activos, 251 deles con un nivel de risco non apreciado, 181 de risco baixo, 32 catalogados como risco medio, 2 de risco alto e ningún considerado de risco extremo.

Os 67 concellos recibirán máis de 106.000 euros e no exercizo de 2019 vanse superar os 212.000 euros. A esa cifra engadirase o remanente que recibirán os que se integren no programa Viogen.

Etiquetas