Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

A importancia da biodiversidade e a relación coa saúde animal

Por 10 Outubro, 2018Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por Breixo González

Cando entendemos a saude animal , as veces parece que estamos a pensar  en tratamentos tanto en enfermidades , como en prevención , pero non podemos deixar de pensar que  NON vivimos nun entorno aillado . O que lle ocorre o medio ambiente repercúte nas nosas explotación e nos nosos animais .E para explicalo imos dar varios exemplos e así que cada un chegue as súas propias conclusións .

Este ano estase a falar da diminución da poboación da curuxa (Tyto alba) , debido a perda  dos usos tradicionais do campo , a desaparición dos bosques autóctonos e os usos tradicionais dos mesmos ( a esmouca , que fai que os troncos teñan furados nos que esta especie nidifica, xa que agora en vez de conservar a árbore para que siga dando froito e leña , talámola polo pé ) e a súa subtitución por monocultivos forestais de vida curta , fan que este animal téñao cada vez máis dificil para criar.Pois ben a curuxa é unha gran depredadora dos pequenos roedores , chegando a cazar  a metade do seu peso cada noite e desprazarse as zonas infestadas por ratos  para cazalos .

Morcegos e páxaros insectívoros , parece que molestan , pero hai que recordar que as anduriñas , matan 60 mosquitos a hora ( e recordar que os mosquitos son transmisores de moitas enfermidades)e no caso dos morcegos ( en Valencia estanse poñendo caixas refuxio na viñas para emregalos como loita contra pragas)

.As serpes que por desgraza aprecen nos medios moitas veces tratatadas nos medios como  o inimigo público número 1 son unhas grandes aliadas dos agricultores xa que depredan sobre a microfauna ( ratos e demáis animais pequenos) e axudan a controlar a súa poboación, e se non as molestamos non nos causarán problemas.

Os sapos e as rás tamén son as nosas aliadas xa que depredan sobre os insectos , os sapos ata en algunhas zonas de españa xunto cas tartarugas eran baloradas pola sua capacidade de comer insectos e a sua mera presencia podia facer incrementar o valor da vivenda ,

Unha horta sana sería unha horta habitada por sapos, ourizos cachos e furafollas xa que contamos con uns cazadores de insectos moi bos e que non nos costan un peso acaban cas plagas dos noso horteiros.

Martas , donicelas , raposos e demáis depredadores  non son alimañas como algún politico se empeña en dicir … son depredadores das especies de roedores que mencionamos antes pero tamen no caso do raposo axudan a “ limpar “  de animais enfermos e reducen o impacto de enfermidades contaxiosas ( por exemplo a mixomatose que causa altas mortandades en coellos e afecta  moito o ser unha especie cinexética )

A diminución de estes depredadores leva a dar  pragas ( como se veu cos “ topillos “ e coellos en Castela e León  que deron incontables perdas e gasto de inxentes cantidades de cartos en métodos de erradicación ).

Estas pragas tamén poden ser causantes de enfermidades nos nosos animais de granxa , como vemos no caso da mixomatose , ou enfermidades zoonósicas como a tularemia.Todo isto fai que  teñamos que pensar que o campo non é algo que teña que estar destinado só a producir e que se mantivésemos unha coexistencia co medio ambiente dende un punto de vista sostible , vexamos a natureza como unha aliada para as nosas actividades agrogandeiras , e debemos pensar que a rendibilidade das produccións non é producir máis , senon en que nos custe o mínimo posible e se a natureza nos dá un control de pragas ( moito máis eficiente que os métodos humanos) aproveitémolo e coidémolo.