Xoán Neira presenta na Casa-Museo Manuel María o seu novo poemario

O escritor lucense, Xoán Neira, presenta este sábado, día 3 de novembro, na Casa-Museo Manuel María, ás 19:30, o seu último traballo, Gaiola Aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017).

Esta obra, dirixida para as crianzas, recolle unha selección de poemas escritos por Xoán Neira durante os últimos vinte anos, e con ela, o autor, quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, sinala que na Gaiola Aberta de Xoán Neira “un atopará grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e até cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín”.

Na presentación deste sábado ademais do autor, intervirán Belén López (directora de edicións Baía) e o propio Armando Requeixo.

Etiquetas