Skip to main content
ActualidadeBegonteFriol TERRACHÁXARábade TERRACHÁXA

Arrinca o obradoiro Cumes da Terra Chá III en Begonte, Friol e Rábade

Por 1 Novembro, 2018Sin comentarios

Dous obradoiros de emprego que compartirán seis municipios da provincia de Lugo darán comezo esta semana. En concreto, inciarase o obradoiro Cumes da Terra Chá III, que comparten os concellos de Begonte, Friol e Rábade, e o de Eo-Navia II, que funcionará na Pontenova, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

Esta será a terceira edición do obradoiro Cumes da Terra Chá III, que impartirá tres especialidades. Conta con 5 alumnos traballadores en Friol na modalidade de ‘Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización’, que traballarán na execución de beirarrúas nas marxes da estrada LU-231.

A parte de ‘Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción’ ten 10 alumnos (6 en Begonte e 4 en Rábade). En Begonte ocuparanse da renovación da cuberta do local social de San Vicente de Pena -antiga escola unitaria- e do acondicionamento interior da planta baixa do local social de Baamonde. En Rábade, está prevista a execución da beirarrúa dereita da rúa Rosalía de Castro, así como traballos de pavimentación e execución dunha beirarrúa na N-VI.

Por último, ‘Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería’ ten 5 alumnos (2 en Begonte, 2 en Friol e 1 en Rábade). As actividades que acometerá centraranse no mantemento e mellora das distintas zonas verdes dos tres municipios.