A Big Band Young Murajazz actúa en Outeiro de Rei

O vindeiro 17 de novembro ás 18:00 h terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei a actuación da Big Band Young Murajazz, pertencente ás escolas de música de Outeiro de Rei, Rábade e Begonte.

Poderán asistir de forma gratuíta todas as persoas que o desexen ata cubrir aforo e gozar dunha fantástica tarde coa música de jazz como protagonista.

Etiquetas