Nace unha asociación en Vilalba para loitar contra a vespa velutina

O vindeiro día 25 de novembro, ás 11 da mañá, terá lugar a presentación da Asociación de Apicultura Serra da Carba na Escola da Pedragosa, en San Simón da Costa (Vilalba).

Esta asociación nace principalmente pola preocupación existente dentro do territorio pola invasión da Vespa Velutina e outras especies invasoras e as agresións que está a sufrir o medio ambiente nos últimos tempos.

Ás 13.00 horas terá lugar a primeira asamblea de socios.

Etiquetas