Peste porcina africana

Por  Breixo González

Como está a ser noticia estes dias e estase a xerar certa alarma , hoxe imos falar da peste porcina africana , imos falar de en que consiste e que consecuencias trae.

A peste porcina africana é unha enfermidade hemorráxica altamente contaxiosa que afecta os porcos domésticos, xabarís verrugosos, xabarís europeos e xabarís americanos. Todos os grupos de idade son igualmente sensibles. O virus pode ter  formas de alta virulencia e nese caso  a peste porcina africana caracterízase por febre alta, perda de apetito, hemorraxias da pel e órganos internos, e morte entre 2 e 10 días despois en media. As taxas de mortalidade poden alcanzar o 100%.

A sua presentación clínica é moi similar á da peste porcina clásica e a moitas enfermidades comúns, como a salmonelosis, polo cal se require un diagnóstico en laboratorio. O seu control consiste no sacrificio dos animais (recordemos que é unha enfermidade vírica e non ten tratamento, os antibiótico so serven para as bacterias) Do mesmo xeito que a peste porcina clásica, estes virus sobreviven moito tempo en canles conxeladas.  (pero no presenta un risco para a saude humana).

O virus atópase en todos os fluidos e tecidos dos animais  infectados. A infección nos porcos prodúcese polo común por contacto directo con animais  infectados ou por inxesta de restos de carne porcina infectada ou de produtos cárnicos porcinos infectados non procesados. Algúns procesos de transformación non destrúen o virus. O virus pode transmitirse tamén aos animais sensibles pola picadura de moscas e carrachas, ou a través dos locais, vehículos, equipos ou pezas contaminados. Esto danos unha idea da capacidade de transmisisón de dito virus e de que as medidas de prebención son importantísimas.

No tocante os síntomas imos facer unha descripción en funnción da idade e fase productiva do animal.

Nos leitós:

Vómitos, diarrea; incoordinación; conxuntivite; febre alta; morte súbita, malformacións; bacoriños moi débiles ao nacemento (tremores conxénitos); mortalidade elevada.

Porcas adultas:

Inapetencia; febre alta; abortos; aumento de nados muertos; aumento de lechones momificados; convulsiones;Incoordinación; diarrea; fallo reproductivo general; decoloración azul da pel.

Transición e ceboAnimais  abatidos – cabeza baixa; deixan de comer; diarrea; descargas oculares; febre alta persistente; decoloración azul de la piel; mortalidad elevada.

Signos nerviosos: Convulsións; incoordinación; decoloración azul de la piel; mortalidad elevada.

Como podemos ver esta enfermidade, non ten nin tratamento, nin cura polo que  a prevención, o control de movementos animais e as medidas de bioseguridade son os pilares para evitar a entrada de esta enfermidade que pode dar un golpe moi forte a producción porcina de un pais .