Tempo de anécdotas

Por Ramón Paz Guntín

mesmo dá que dá o mesmo, para que cada quen pense ou cavile o porqué das cousas que xorden; non todas son casualidade. Subxectivamente adóitanse escoitar anécdotas, moitas das veces sen fundamento, porque do mal aprendido xorden derivacións da ignorancia concibida, situacións incorrectas dos pensamentos cheos de erros, que soen ser unha miguiña fantasmáticos, dado que como o falar non ten cancelas, aí vai coma o touro cando salta ao rodo, “alborotado”, sen saber por que e para que xorden desavenencias imprevistas e desaxeitadas.

Así parece que para facer comparanzas, innecesariamente, debido aos comentarios que adoitan crear malos entendementos, para barafustar entre uns e outros sen atopar razoamentos axeitados, propiamente dignos para recapacitar unha miguiña máis en pro e para remediar males que soen vir de contaxios derivados xeralmente dunha herencia psicoloxicamente egoísta e indigna, procedente de todos os males socialmente perigosos por causas irreversibles, circunstancialmente derivadas da súa propia natureza que os seres humanos asumiron, asomen e seguirán asumindo durante a existencia. Continuadores de hábitos e costumes pasados, presentes e futuros, causados por tantas inquietudes imprecisas, permanentemente xunguidas correspondentemente a cada quen sen atribuír semellantemente o cualificativo que adoita dicirse pagar o xusto polo pecador.

Aquel mestre ao alumnado insinuaba que nunca chovía nin chove a gusto de todos, e recalcaba que cada quen debía e debe ser responsable dos seus actos, para que todos estean preparados para activar con natureza orixinariamente con fundamentos modélicos contemplativos e proposicións lóxicas e precisas con amor platónico, dignamente propio e necesario, que se necesita para fortalecer a alma, ideoloxicamente espiritual e satisfactoriamente en paz.

Imaxinariamente xorden pensamentos derivados de ambientes con optimismo cheos de fantasía para discorrer a onde ir e vir, que o sentido común esixe capacitarse para chegar unha miguiña máis lonxe. Experimentalmente aparecen elementos creadores imaxinarios de imaxes que cada quen quixera utilizar ao seu antollo para poder desligarse dos límites que a propia realidade rexeita para admitir simbolicamente denominacións vulgarmente sinxelas que propiamente esixen recorrer aos clásicos refráns para facer comparanzas adecuadas e básicas con exemplos: “non hai pega sen mancha negra!”, “nas uñas ou nos pés has de imitar a quen es!”.

Parafrasear tan importante foi, é e será sempre expresivamente un conxunto de ideas comunicativas, orientativas de conceptos terminolóxicos dunha gramática xeradora para identificar e diferenciar verbal e nominalmente o decisiva que foi, é e será sempre a arte de ler e escribir correctamente, tan necesaria e satisfactoriamente para o desenvolvemento da propia linguaxe, con normativas especificamente desde o siglo XX, definidas morfoloxicamente.

Aquel mestre, autor do Libro do Xosé, ao alumnado transmitía que fosen posuidores axeitadamente con sentido común dunha imaxinación intelixente, tan necesaria psíquica e comprensiblemente para resolver acontecementos diversos que xorden con factores propios, para valorar as condutas intelixentes, porque o falar non ten cancelas; e así censurar a quen todo o sabe…, en pro e para distinguir a utilidade que a natureza desprende psicoloxicamente xunguida ao pensamento favorablemente, en forma de instrumento creativo de transmisión comunicativa, significadamente propios de emocións e xestos ambiciosos, sensiblemente simbólicos e afectuosos sen fin.

Por iso aquel renomeado mestre aos discípulos esixía e desexaba madureza, primordialmente axeitada para unha aprendizaxe digna, bioloxicamente en forma, para producir sementes anovadas física e socialmente útiles e beneficiosas, cultivadoras, eficazmente ligadas a un sen fin de felicidade, pola gracia de Deus.