A Deputación organiza unhas charlas de turismo agroalimentario

O Salón de Actos da Deputación acollerá os días 18 e 19 de decembro unha xornada de turismo agroalimentario e desenvolvemento local, na que participarán 15 expertos relacionados con proxectos turísticos na provincia. Así o avanzou este martes en rolda de prensa o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e no que se trataran temas como as novas oportunidades como agroturismo ou as claves para a creación de produtos de enoturismo. A xornada, enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo, inclúe unha visita a Ruta da faba de Lourenzá. A inscrición é gratuíta.

Vidal Baamonde sinalou que “dende o Goberno da Deputación coñecemos as posibilidades e o potencial turístico desta provincia, por iso, a través destas xornadas pretendemos favorecer un intercambio de ideas que poida xerar sinerxías e servir de impulso deste tipo de turismo na provincia”.

“Ademais, este encontro contribuirá por unha banda a poñer en valor os proxectos relacionados co sector agroalimentario que con tanto éxito se están realizando actualmente na provincia, e ao mesmo tempo poñemos en valor a nosa materia prima e os produtos autóctonos que son de primeira calidade”, remarcou o Deputado.

Poñentes
Vidal Baamonde explicou que “ao longo destes dous días teñen cabida os representantes do turismo agroalimentario provincial; axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros e gandeiros, entre outros. Participaran responsables de proxectos de éxito relacionados con este sector como Milhulloa, Champivil, Caurelor, Embutidos Suarna ou a C.R.D.O Queixo do Cebreiro. Ademais, tamén intervirán o Director do Instituto Galego do viño, Xoan Cannas que falará sobre as claves para a creación de produtos de enoturismo; e Sandra Touza, CEO da plataforma I´m a Local e de Ponle cara al turismo, que tratará as novas oportunidades turísticas como alternativa ao desenvolvemento rural”.

Promoción dos nosos produtos
Ademais, lembrou as iniciativas que promove o Goberno da Deputación para poñer en valor os nosos produtos autóctonos. “Facémolo con achegas directamente a través dos nosos Concellos, como por exemplo en Chantada coa Festa da Empanada e a Feira do Viño; Folgoso Do Courel coa Festa da Castaña; en Foz na Festa do Berberecho; en Monterroso na Feira do Queixo ou en Muras co mel. E tamén promovemos outro tipo de iniciativas como o curso de Enoturismo que organizamos coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), ou a participación noutros eventos agroalimentarios como Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense”.

Ruta da faba de Lourenzá
O mércores día 19 os asistentes a esta xornada realizarán unha ruta pola faba de Lourenzá. No programa inclúese visitas guiadas polo patrimonio artístico da vila como o Mosteiro de San Salvador ou o Museo de Arte Sacro; paseos pola natureza na área recreativa “Muíño do Pereiro”, unha degustación gastronómica, e outras visitas como o Centro de Interpretación da faba.

Inscrición
Todas as persoas interesadas en participar nesta xornada, completamente gratuíta, teñen unha banner na web da deputacion; http://www.deputacionlugo.gal/ con toda a información, ou no telef: 982 260 234, e no correo; turismo@deputacionlugo.org.

Programa
O Salón de Actos da Deputación acolle esta xornada os días 18 e 19 de decembro, co seguinte programa.

MARTES 18 DE DECEMBRO (SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO)
9:00 horas: recepción de asistentes
9:30 horas: Inauguración das xornadas sobre Turismo agroalimentario e desenvolvemento local.
9:45 HORAS-11:45 HORAS – Novas oportunidades turísticas como alternativa ao desenvolvemento local: agroturismo ou turismo agroalimentario. Sandra Touza. CEO da plataforma I´m a Local e de Ponle Cara al Turismo.
11:45- 12:15 Pausa
12:15- 13:45 horas – As claves para a creación de produtos de enoturismo. Xoán Cannas. Director do Instituto Galego do Viño.
SESIÓN DE TARDE
16:00-18:30 horas: Coloquio: O potencial do sector agroalimentario lucense para a creación de novos produtos turísticos.
Modera: Eduardo Vidal Baamonde. Deputado- Delegado de Turismo e Cultura.
Interveñen
José Manuel Rodríguez González. C.R.D.O. e Ruta do Viño da Ribeira Sacra.
José Cuadrado Oural. Cooperativa Terras da Mariña
Consuelo López Rodríguez. Gandería Quintián.
José Luis Carreira Valín. Ecoagroturismo Arqueixal.
Chusa Expósito Casal. Milhulloa.
Mónica Díaz Jublín. Guías Oficiais de Galicia (APIT)
Keina González Moure. Siente Galicia
Enrique Fernández Paradela. C.R.D.O. Queixo do Cebreiro.
Luzdivina Castelo Rey. Champivil.
Verónica Núñez López. Caurelor.
María del Carmen Sánchez Iravedra. Embutidos Suarna.
Representante da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo.

MÉRCORES 19 DE DECEMBRO
SAÍDA DE CAMPO: RUTA DA FABA DE LOURENZÁ
Punto de encontro: Deputación de Lugo
Hora de saída prevista: 9:00 horas. Chegada aproximada ás 19:00 horas.
* Haberá un autobús dispoñible para o traslado dos asistentes dende a Deputación O PROGRAMA DA RUTA DA FABA INCLÚE:
VISITAS GUIADAS POLO PATRIMONIO ARTÍSTICO
– Mosteiro e Igrexa de San Salvador de Lourenzá
– Museo de Arte Sacro
– Fortaleza de Tovar
PASEOS POLA NATUREZA
– Área Recreativa do Muíño do Pereiro
– Miradoiro da Valiña
DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA
Faba de Lourenzá e outros produtos típicos da zona
OUTRAS VISITAS LIGADAS AO MUNDO DA FABA
– Centro de Interpretación da Faba
– Cooperativa Terras da Mariña
*A inscrición nas xornadas e a asistencia á ruta da faba é de balde, non obstante, precísase un número mínimo de participantes inscritos para poder realizar a devandita ruta.
* As prazas dispoñibles para a asistencia ás xornadas son limitadas. A admisión dos participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición.

Etiquetas