O Concello de Guitiriz levanta o veto ao consumo de auga

O Concello de Guitiriz aninciou a través dun bando que se levantan as restriccións do consumo de auga da traída no casco urbano tras un mes de traballos para solvetar o exceso de ferro.

A finais do mes de outubro, o concello emitiu un bando no que recomendaba que non se usase a auga da traída polo seu alto contido en ferro mentres non se solucionase o problema.

Segundo o Concello, nas análises realizadas detectárase unha concetración de ferro de 1.700 miligramos por litro tras observar unha cor escura na auga.

Tras consultar a empresas expertas no sector, as opcións consistiron na instalación dun filtro desferrizador para eliminar o ferro existente nos depósitos de distribución de auga.

Etiquetas