Sorpresas na sexta xornada da Liga Norleste de Billarda

Por mor do cativo tempo a sexta xornada da LNB NorLeste de billarda correspondete o XII Aberto do Galo que se ía disputar no campo de fútbol da Faxarda, tivo que trasladarse para o pavillón cuberto de San Miguel.

Xornada moi disputada e con moi boa participación na que todos os palanadores acadaron altas puntuacións, sendo con moito a mellor xornada da tempada (en canto a puntuación se refire) e que se resolveu sorpresivamente con un desempate final catro.

Sorpresivamente para Muriego que na cuarta carreira tocoulle o bombón máis ruin e todo o ben feito ata daquela estragouse de golpe. Foi o merecedor de acadar os laureles do truinfo, mais as aprichosas fadas non llo permitiron.

Mencion aparte merece Geni, a máis laureada das xogadoras da LNB, que gaña por primeira vez unha xornada na Conferencia Norleste. Foi nun vibrante desempate con Daniel, David Navallo e Santi, donde fixo gala da súa experiencia sacando proveito das oportunidades que se lle presentaron e pechando a final cun varado que lle deu o triunfo. Segundo foi Daniel e terceiro Santi.

As donas manteñen o seu nivel, destacando Lorena e Lola Eiras amais da campioa Geni. Maricarmen, Sandra e Sara na súa liña e algo mais frouxa Paula que perde a primeira posición en favor da campioa.

En equipos, empatados Billardeiros Musicais e Carabullo (gaña B.M. por mellor posto individual), seguidos de Chainzos-Cadaval e de Troitas Bravas, ámbolos dous tamen cos mismos puntos pero a oito dos primeiros. Mais lonxe quedan Remourelle Bulls, Billarda Verde e Polka Miseria.

No tema de varados, foi unha abundante colleita a de hoxe en San Miguel. En total foron 21 tiros directos destacando Muriego e Chousa con tres dianas cada un.

Os agasallos para os campións da xornada consistiron en:

O Galo (mais unha vez patrocinado por Limpiezas José Manuel alias Mondoñedo) e máis uns surtidos de Nadal para a campioa Geni.

Para o resto, segundo, terceiro e mellor equipo uns lotes de Nadal.

A Liga regular para ata xaneiro, mais ainda o día 29 deste mes celebrarase o Memorial Pepe da Flor en Meira.

As clasifiacións logo da sexta xornada quedan asi:

Individual:

  • Albino (Carabullo) 126 p.
  • Chousa (Carabullo) 120 p.
  • Sachas (Troitas Bravas) 119 p
  • Manu Pozo e Daniel (Billardeiros Musicais) 118 p

Donas:

  • Geni (Billardieors Musicais) 99 p.
  • Paula (Chainzos-Cadaval) 95 p.
  • Sara (Polka-Miseria) 65 p.

Equipos:

  • Carabullo (Ponte de Outeiro) 478 p.
  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 466 p.
  • Troitas Bravas (A Pontenova) 451 p.

Etiquetas