O outro nadal

Por Marta R. Engroba

Cando estas liñas poidan ser compartidas con todos vos, estaremos xa mergullados de cheo nese frenesí navideño que cada ano nos visita antes, e que, ademais dun mais que notable afán consumista e da maxia que se supoñen inherentes a estas datas, nos trae outras facetas que a maioría semella ignorar porque, nesto, coma en todo, se de algo non se fala, si se ignora, non existe, e que eu, que sempre semello ir en contra do resto do mundo, non podo evitar ter moi presente.

Estou a referirme ao tremendo conflicto, ou directamente perigo, que, por se non abondara o que xa viven a diario, implican estes días para as vítimas de violencia de xénero que teñen fillos pequenos, e nalgúns casos tamén para estes,  que ven, impotentes e con desesperación, como a lei, na maioría dos casos, e por moi crueles que foran os malos tratos que as súas ex parellas lles inflixiron,  lles recoñece o dereito a pasar, polo menos, parte destas festas con eles, sen ter en conta o risco que isto pode implicar para os menores.

Son inútiles cantos argumentos esgrima a nai, e mesmo os seus representantes legais. Tampouco manifestar os seus temores serve de nada. A lei é inflexible, sobre todo con elas se deciden desoir o que dí “o libro” e optan por tentar preservar a seguridade dos seus fillos negándose a entregarllos ao seu maltratador. Elas si serán castigadas co rigor que debería aplicarse a quen maltrata.

Por algo a violencia de xénero é, penso eu, un dos poucos delitos, se é que existe algún mais, no que a vítima pasa a ser, demaisado a míudo, considerada pouco menos que delincuente prácticamente desde o mesmo momento no que recoñece a súa condición e decide pedir axuda, unha axuda que as veces se lle volve en contra e remata por ser un castigo mais que se engade ao que xa ven padecendo desde hai quen sabe canto tempo. Probablemente moito mais do que ela mesma é ainda quen de identificar.

Tampouco aquelas mulleres que viviron o inferno da violencia machista e as que, dada a crueldade extrema dos mesmos,  ou, ante a dúbida algo mais que razoable de que os menores poidan ser obxecto dalgún tipo de maltrato ou abuso, a lei as exime de entregarlle os nenos ao seu verdugo nestas datas o teñen moito mais doado.

Raro é o proxenitor, por llamarlle algo, malia que a bioloxía lle otorgue ese título, que ainda tendo claro non soamente que non ten ningún dereito, se non que o único que lle empurra a esixir pasar as vacacións de Nadal cos nenos non é o amor que dí sentir por eles, e digo “dí sentir”, porque sentilo de verdade, eso non o coñecen nin de lonxe, se non o afán de danar a súa nai, de privala do que mais quere e de asegurarlle o sufrimento polo perigo que poidan estar a corre, desisten de provocar angustia e dor, ainda sabendo que eses nenos aos que tanto dí querer son tamén vítimas da súa maldade.

É, por se isto non abondara, en moitos casos non dubida en unirse a “festa” o clan familiar do maltratador, que ainda sendo conscientes da realidade, de que unhos nenos estarán nas mans de quen non debería achegarse a eles baixo ningunha circunstancia, o apoian e axudan a exercer unha presión que, xa por sí soa, e independentemente de como se resolva o caso, destrozan anímicamente a nai, e repercute, lóxicamente, nos menores, que ven como os que deberían ser unhos días de lecer e de ilusión se transforman nunha auténtica polvororeira que pode estalar en calquera momento.

E todo isto que estou a contar non é ficción, nin o argumento dunha desas películas que nos poñen na televisión o Sábado pola tarde.

É a realidade, unha durísima realidade que moitos nenos e nenas, moitas nais, para os que xa todo o ano, o día a día, está sementado de sufrimento, de atrancos e de loita e aos que non se lles concede nin ese paréntese que ,quen mais quen menos, disfruta nestas festas.

Este é o outro Nadal, un Nadal que a maioría di descoñecer, e que se nega a admitir que existe.

Un Nadal que moitos non queren ver, porque é infinitamente mais cómodo instalarse na mentira, na hipocresía e nun teatro fariséico que lles permite finxir que a vida,  unha vida que as veces lles custa, como a todos, levar adiante, nestes días é de auténtico conto de Dickens.

A vida é eso….vida. Cos seus malos momentos e con outros maravillosos. De nada serve finxir que a parte que menos nos gusta non existe.

As luces, as panxoliñas, os agasallos existen, claro que sí, como tamén existen a ledicia por algúns   reencontros e o temor ante outros.

Existe o Nadal feliz, e o que non o é tanto. Existe o outro Nadal. 

Etiquetas