A CIG critica ao concello de Guitiriz por presentar un ERTE para o GES

A CIG explicou que o Concello de Guitiriz porá en marcha un ERTE de suspensión de emprego para os sete traballadores do Servizo do GES de Guitiriz. Segundo indicaron os sindicalistas non existe acordo entre as partes, o Concello e o Comité de empresa, tras catro reunións celebradas.

“Desde a CIG reixetamos totalmente o ERTE, toda vez que entendemos que non hai causa xustificativa para un expedente de regulación de emprego toda vez que a causa na que o Concello xustifica o Expedente é reversible, posto que a mesma é a renuncia do Concello a asinar o Convenio dos GES para o periodo 2019-2021”, din e engaden que o Concello adoptou esta decisión sen baseala en nengunha razón concreta. “Adopta esa decisión, ao marxe da platilla do GES, desentendéndose das obrigas contractuais que asumiu e ten consolidadas con dito persoal”, afirman.

Igualmente consideran inasumible un ERTE que non concreta a temporalidade do mesmo, posto que a temporalidade está condicionada a que outro concello (Begonte, Xermade ou Friol) asuma a xestión do GES, “polo que deixa á plantilla afectada nunha absoluta situación de indefensión e incertidume”. Ponen como exemplo o caso do GES da Fonsagrada, que quedou todo o periodo sen cubrirse, “polo que non existe negunha garantía de que o GES da Terra Chá vaia funcionar finalmente, mais despois de que como o propio Concello recoñece, nengunha das administracións restantes con interese no asunto se houberan pronunciado ao respecto”.

“Por último, o Concello de Guitiriz parte na presentación do ERTE do posicionamento de que para o persoal existe o dereito da subrogación no caso de que outro Concello asuma o servizo, mais non hai nengún documento que acreite tal cuestión, polo que a inseguridade laboral na que queda a plantilla é total e absoluta”, alegan.

A CIG plantexou na mesa de negociación que se retirara o ERTE e negociar unha modificación das funcións do persoal do GES mentres outro concello non asumira a xestión e estivera garantida a subrogación, “mais esta proposta foi rexeitada polo Concello, quén en nengún momento modificou en en negún aspecto a súa proposta inicial”, din.

“Desde a CIG creemos que unha vez mais a alcaldesa de Guitiriz ríxese polos seus caprichos para aplicar a política laboral do Concello, e que unha vez máis aposta pola unilateralidade, no que será unha medida de regulación de emprego que está absolutamente inxustificada e que deixa nunha situación de indefensión absoluta á plantilla afectada, e que conduce novamente á xudicialización da política laboral do Concello, desta vez cun ERTE que desde a CIG consideramos absolutamente inxustificado e que sen dúbida impugnaremos diante do xulgado do social”, conclúen.

Etiquetas