Muimenta entrega os vales ao gañadores do Mercado de Nadal

A Asociación de Empresarios de Muimenta fixo entrega dos premios  da X edición do programa Mercado de Nadal 2018, convocatoria que tivo lugar entre o 10 de decembro e o 5 de xaneiro e que organizaou o colectivo empresarial da zona para incentivar as vendas neste tempo de Nadal.

Ao final apareceron sete premiados dos 13 repartidos, aos que lles corresponderá un vale de cen euros cada un. As papeletas gañadoras foron aquelas nas que coincidiron cos tres últimos números do primeiro da Lotería de Reis que se celebrou o pasado 6 de xaneiro.

Os gañadores dos vales foron Lola de Cibrao de Outeiro, Noemí Pérez da Graña, María José de Regueira, Teresa Rodríguez de Muimenta, Fina Iglesias de Pacios, Cristina Pérez de Quintela e Antonio Folgueira de Outeiro. As papeletas premiadas repartíronse na óptica Filo, Feretería Muimenta, Mercedes Abeelleira, Perruquería Ofelia, Panadería Hermo, Super Setti, Asesoría Suiña, Fisioterapia Nancym Piensos Germán Naval, Perruquería Velica e na Tenda de Teo.

Ditos vales, deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios que pertencentes ao colectivo empresarial, nun prazo de trintas días.

Etiquetas