O tecor Terra Chá celebra mañá unha proba aberta de cetraría

O tecor Terra Chá e a federación galega de caza, coa colaboración da Deputación de Lugo e dos Concellos de Cospeito, Castro de Rei e A Pastoriza, organizarán o próximo día 16 de febreiro unha proba aberta de cetrería, que se desenvolverá en terreos de Arneiro. Os interesados poden contactar coa organización no 677.20.78.98 ou o 699.94.45.81.

Para os participantes haberá 4 categorías para inscribirse, Baixo voo (1ª inscrición 25 euros, o resto 20 euros); Mán por mán(1ª inscrición 15 euros, o resto 10 euros); Pequenas aves (1ª inscrición 10 euros, o resto 5 euros) e Altanería(1ª inscrición 5 euros, o resto gratis). Todas estas categorías inclúen a comida. Todos os participantes on licenza de caza en vigor terán dereito ó uso da zona exclusiva de cetrería durante a xornada do domingo.

Para os acompañantes a comida de campo será de 5 euros e gratis para menores de 12 anos. Tamén haberá unha cea confraternización que terá un prezo de 16 euros, ademais de que haberá un sorteo dunha tarxeta de cetraría do tecor Terra Chá para a vindeira tempada. Tamén haberá trofeos para os primeiros e segundo clasificados.

Etiquetas