Alfonso Blanco será agasallado na entrega de premios das Vilariñas de Guitiriz

Alfonso Blanco Torrado recibirá a homenaxe e o agarimo de poetas locais no Día de Rosalía e na entrega dos premios de micropoesía das Vilariñas.
Será o vindeiro sábado 23 de febreiro ás 7 do serán na Escola Habaneira de Guitiriz na que o acto de entrega de premios do CertameVilariñas2018, a HomenaxeAAlfonsoBlanco e celebraran tamén o DíaDeRosalía
Contarán coa participación do homenaxeado Alfonso Blanco Torrado, os poetas Luz Campello, Branca Villar, autora da escjltura que entregaremos a Alfonso, María Pereira, Xelo Teijido, Fátima Fernández, José André Gonzâlez Lôpes (André da Ponte) Emilia M.Fuentes, Pilar Maseda, a recentemente galardoada co premio Galicia das Artes Luz Darriba, a cantautora Sandra Tenreiro, as Vilariñas gañadoras Beatriz Dourado, Mila Villanueva e Cris Amoedo e as nenas Simona, Zeltia e Clara.
O acto será conducido polo poeta Moncho Bouzas, antigo componente do Batallón Literario da Costa da Morte e hoxe membro da NPG Nova Poesía Guitirica.
Alfonso Blanco será agasallado con unha obra escultórica da poeta da NPG de Labrada Branca Villar e as gañadoras do Certame de micropoesía recibirán as figuriñas Vilariñas acreditativas realizadas a man pola artista Viki Rivadulla.
A NPG Nova Poesía Guitirica rinde así homenaxe poética ao mentor de Xose María Díaz Castro e de novos poetas chairegos na entrega dos premios inspirados no Vilariño dos Cregos e nesas “herbas pequerrechiñas” das que falaba o poeta e que mellor día que aquel no que honra tamén á grade Rosalía de Castro.
O  Certame Vilariñas 2018 recibeu 199 micropoesías de casi un cento de poetas de toda Galiza e algunhas de Portugal, Asturias, Valencia e mesmo de Italia.
O Vilariño de Diaz Castro eno seunpoema A Espada inspiraron este certame e o nome de VILARIÑAS para os micropoemas en galego, que están a gañar nome própio cada edición.
A entrada é libre e gratuita e posteriormente terá lugar unha cea no restaurante O Korreo ao prezo de 13 €uros. Poderán anotarse nos correos npggazeta@gmail.com ou dosvilares@gmail.com ou en calquera das redes sociais da NPG ou Os Vilares lareira de soños até o día 20.

Etiquetas