Catro medallas máis para a loita olímpica vilalbesa

O campionato galego júnior de loita celebrouse esta pasada fin de semana no pavillón do CGTD de Pontevedra. Vilalba acudíu á cita con catro loitadores júnior, a metade do equipo debido a baixas de última hora, pero aínda así puideron subir ao podio tras o pleno de medallas dos deportistas.

Samuel García Miragaya acadou o ouro en menos de 62 kg, Roberto Díaz Orosa prata en menos de 70 kg, igual que Rubén Fraga Cal en menos de 74 kg e Oussama Lahnin en menos de 79 kg.

Destacou tamén o papel feito de polos compañeiros do Rábade que coa prata de Jonathan Pernas en menos de 86 kg e sobre todo o ouro de Carmen Carrasco en menos de 62 kg demostra que seguen a abrir camiño na loita femina da provincia.
O próximo evento será o Campionato de España absoluto que se celebrará en Santiago o 2 de marzo e no que os mellores loitadores tentarán acadar un posto na selección española.

Etiquetas