O persoal dos PAC solicita respecto ás súas mobilizacións

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia esixe «respecto» para o persoal dos puntos de atención continuada (PAC), que o pasado luns, «en votación libre e secreta», decidiu continuar as mobilizacións. Para Comisións, o colectivo «falou alto e claro», polo que cómpre «manter a loita» e defender os once puntos da plataforma reivindicativa.

CCOO pide «non romper a unidade», porque aínda «quedan cousas por conseguir», como garantir o 100 % da atención continuada, unha xornada laboral sen penalización e que distinga entre a ordinaria e a complementaria, así como unha axeitada dotación de persoal.

Por último, Comisións insiste en que non apoiará ningunha proposta que non reciba o visto e prace das traballadoras e dos traballadores dos PAC.

Etiquetas