Fruga laméntase de que o novo etiquetado do leite non garante prezos xustos para o produtor

Por estas datas un importante número de gandeiros e gandeiras deste país, están a recibir as ofertas para asignar os novos contratos de comercialización do leite. Concretamente as empresas de maior volume de recollida no país, están a formalizar os contratos cos produtores e produtoras. “Pero unha vez máis a situación repítese, o sector produtor non ten ningunha opción de poder negociar o prezo do seu leite. A empresa entrégache o contrato, e se o queres asignar ben, e se non deixa de te recoller o leite, tendo o gandeiro que buscar outra empresa, ou someterse as condicións que che impón o seu modelo de contrato”, así o explican dende Fruga, a Federación Rural Galega.

Este representantes do sector afirman que tralas mobilizacións do ano 2015, asignábase un acordo lácteo en Madrid, co fin de valorizar o prezo do leite, pasados mais de 3 anos a situación segue nas mesmas. “O poder de negociación das explotacións leiteiras segue a ser nulo. No que respecta aplicación do paquete lácteo estamos a observar, que a día de hoxe os documentos que se manexan, non dan ningún tipo de garantías ao sector produtor. Por un lado vemos que se pode seguir fixando o prezo do leite en base a datos de prezos pagados, publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria, e por outra banda observamos como as garantías que se lles esixen os primeiros compradores non son suficientes garantir o cobro ás explotacións”, engaden.

O decreto de identificación do leite, que entrou en vigor o pasado día 22 de xaneiro está sendo moi publicitado, soamente esixe que figure o estado de procedencia da materia prima. “Xa vimos en mais ocasións, caso da letra Q, o outros procedementos identificativos, que non son suficientes para poder fixar unhas condicións mínimas que garantisen un prezo sostible, algo do que se ven falando dende o acordo do ano 2015, e que a día de hoxe aínda non supón ningunha vantaxe na consecución duns prezos que cubran os custos de produción”, din.

“A Xunta de Galicia está a falar dun plan estratéxico do sector lácteo, esperemos que este plan sirva como mínimo para poder conseguir uns prezos rendibles para os gandeiros e gandeiras galegas, do contrario o número de abandono do sector láctea seguira pola mesma senda, como vimos no último ano, no cal cerca de 500 explotacións abandonaron a produción de leite en Galiza. Igualmente dende Fruga reclamamos unha interprofesional láctea Galega, o igual que noutras partes da Unión Europea, que serva para poder establecer unhas relacións de comercialización xustas, e nas cales o sector produtor poida ter unha capacidade de negociación dos seus prezos”, conclúen.

Etiquetas