Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXALugo

BNG preguntará sobre o desmantelamento da Oficina Agraria Comarcal de Lugo

Por 16 Marzo, 2019Sin comentarios

A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, anunciou a presentación dunha serie de preguntas sobre o desmantelamento da Oficina Agraria Comarcal de Lugo. Rodil sinalou que dende 2018 a OAC de Lugo só está atendida por 1 técnico e un administrativo. A Consellería de Medio Rural non cubriu os postos dos 2 técnicos e 1 administrativo que cesaron. “A falta de persoal está causando graves perdas ao sector agrario na área de Lugo ante a falta de efectivos para facerse cargo do traballo e que  dá lugar ao retraso nas certificacións e trámites administrativos para xestionar subvencións e asuntos referentes á documentación das explotacións” explicou Rodil.

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo atende a 6 concellos (Lugo, Portomarín, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade), con 7321 explotacións agrícolas, das que 694 son prioritarias; de forma que nesta oficina agraria reciben ao ano a máis de 6.000 persoas, xestionan máis de 1.500 expedientes e uns 5 millóns de euros en axudas públicas.

Rodil sinalou que “a cobertura dos postos de traballo xa están recollidos na relación de postos da Xunta e ,polo tanto, dotados orzamentariamente” e engadiu “o feito de que non se cubran atende a unha política activa de abandono do medio rural galego”. A parlamentaria do BNG lembrou que “o BNG xa ven denunciando, dende fai tempo, o desmantelamento dos servizos públicos no medio rural e tamén a redución de gran parte da estrutura periférica das oficinas agrarias comarcais”.