Convocada a III edición do Certame de debuxo e poesía Avelino Díaz

Os concellos de Meira e Riotorto veñen de convocar a terceira edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberta a toda a poboación e co obxectivo de loubar a figura deste representante da cultura na zona.

O concurso dividirase en catro categorías de idade, de 3 a 8 anos, de 9 a 12, de 13 a 17 e de 18 en adiante. Os máis pequenos só terán caretoría de debuxo e os demás teñen as dúas opcións.

No apartado de debuxo, poderán presentarse obras en formato e temática libre, mais os poemas deberán estar escritos en galego, cunha extensión mínima de oito versos e unha máxima de 80, con Arial 12pt.

O prazo de presentación é ata o 23 de abril e o lugar de recollida de traballos é a Asociación Avelino Díaz de Meira. Os premios constan de diplomas, lotes de material escolar ou libros. O gañador na caegoría de 9 a 12 anosrecibirá un libro electrónico, o seguinte unha tablet e os adultos terán un premio económico. 300 para o gañador, 200 para o segundo e 100 para o terceiro.

O fallo do xurado darase a coñecer o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Etiquetas