A Deputación presentou os cursos de iniciación á artesanía que comezan en abril

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este mércores no CENTRAD os 9 cursos de iniciación de artesanía, que comezan dende abril ata novembro, e que ofrece o Goberno da Deputación con 72 prazas dispoñibles. Coiro, xoeira, vimbio, fotografía artesanal, tapizaría, bordados de traxes tradicionais, son algúns dos cursos que se impartirán no CENTRAD e na aula do Centro de Cestería do Río Rato, cun total de 488 horas.

Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, é convertese nunha oportunidade única para achegarse e coñecer oficios tradicionais como cestería, coiro e tapizaría, ou descubrir outros máis innovadores como xoeira ou fotografía. Ademais esta programación converterse nunha boa iniciativa para poñer en valor todo o sector artesanal da provincia.

No mes de abril comezan os cursos de cestería tradicional galega, complementos en coiro para preparar pezas para o Arde Lucus e tamén un Obradoiro de reprodución de refaixos bordados que imparte TRAXANDAINA. No mes de maio tamén haberá tres cursos de xoiería técnicas básicas, elaboración de pezas en fibra de roten e un curso de iniciación á tapizaría. No mes de xuño a programación inclúe dous cursos, un de elaboración de figuras con vimbio e un curso de fotografía artesanal. E por último no mes de outubro un curso de xoeira creativa.

Inscrición
Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, e os interesados deben inscribirse a partir do luns, a través da web da Deputación, onde haberá un banner habilitado, e onde se indica a matrícula a pagar en cada curso. Para consultar ou recibir información sobre esta programación esta dispoñible o teléfono 982 21 00 66. Os participantes nestes obradoiros deberán indicar os seguintes datos; nome e apelidos, teléfono de contacto e indicar en cal das programacións quere participar.

 

Etiquetas