Skip to main content
Actualidade

Abre o prazo para solicitar as axudas da Deputación Provincial ás asociacións culturais

Por 6 Abril, 2019Sin comentarios

A Deputación abriu o prazo para solicitar axudas de 280.000 euros para asociacións culturais lucenses no 2019. Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural. Todas as entidades e asociacións interesadas teñen de prazo ata o dia 29 de abril para presentar as súas solicitudes.

Esta programación inclúe axudas para a dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; potenciar a historia, a música, as tradicións de Galicia o uso do idioma galego, así como iniciativas de potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras. O prazo de execución de actividade será dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2019.

Primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural. O prazo para presentar a conta xustificativa desta achega económica remata o 31 de marzo de 2020.