Somos Unidos contra o Cancro organiza un torneo de Padel co apoio da Deputación

A deputada de Desenvolvemento Económico e Social, Sonsoles López Izquierdo, o presidente da Asociación Somos Unidos Contra o Cancro, José Manuel Vázquez, e o representante dos Colexios Sanitarios de Lugo e Organizador do Torneo, Juan José López Díaz, presentaron, xunto con outras autoridades o I Torneo de Padel en beneficio da Asociación Somos Unidos contra o Cancro, que terá lugar do 1 ao 4 de maio no concello de Outeiro de Rei.

López Izquierdo destacou a “importancia deste tipo de eventos, xa que teñen unha finalidade múltiple, por un lado a concienciación e a recadación de fondos para a asociación pola outra a implantación de hábitos para unha vida activa e saudable, fundamental para a prevención do cancro”. As inscricións para o torneo continúan abertas, tanto para adultos como para nenos.

Etiquetas