Skip to main content
Actualidade

Seis Concellos da Terra Chá reciben máis de 240.000 euros para a contratación de persoas desempregadas e perceptoras da Risga

Por 11 Maio, 2019Sin comentarios

Un total de seis Concellos da zona da Terra Chá vense beneficiados con máis de 240.000 euros para a contratación de persoas desempregadas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga).

Trátase de “importantes fondos”, segundo destacan os populares destes municipios, pois, “grazas a esta colaboración sufráganse os costes de contratación –salario e Seguridade Social- ao 100% para un máximo do 75% da xornada laboral, e asípoderán incorporarse a un emprego un total de 19 persoas.

O importe que recibe o Concello de Vilalba ascende a máis de 135.000 euros para a contratación de 10 persoas perceptoras da Risga. Os Concellos de Castro de Rei, Guitiriz, Begonte e Xermade poderán contratar a 2 persoas cada un grazas a unhas achegas de máis de 20.000 no primeiro caso, 25.000 nos casos de Guitiriz e Begonte e preto de 25.500 para o Concello de Xermade. O Concello de Pol ten solicitado a axuda para a contratación dun limpador ou limpadora para o que a achega será algo máis de 10.000 euros.

“Debemos poñer en valor estas axudas porque non só permiten que se contraten persoas con dificultades para acceder a un emprego; senón que contribúen a que os propios Concellos dispoñan de máis persoal para prestar un mellor servizo aos cidadáns”, expoñen os alcaldes. De feito, os perfís dos contratados son fundamentalmente peóns.