A lehismaniose

Por Breixo Gónzalez

Hoxe imos falar da lehismaniose, o achegarse as datas do verán  e as temperaturas diurnas e nocturnas suben, e axudado polo cambio climático é unha enfermidade que aparecerá na Terra Chá antes ou despois, ainda que xa ve algún animal infectado. Pero vamos a explicar que é a lehismania e que consecuencias ten.

É unha enfermidade parasitaria producido por un protozoo, é dicir un animal microscópico, do xénero Lehismania, do cal existen numerosas especies, sendo a mais frecuente na zona mediterránea a Lehismania infantum.

Transmítese pola picadura dun  flebotomo. É un mosquito moi pequeno de 2 a 3 mm, que presenta a súa maior actividade á tardiña durante os meses que van de maio a outubro. Só as femias de flebótomo transmiten a enfermidade, xa que só elas aliméntanse de sangue. Ao picar a un can infectado inxeren o parasito, o cal sofre unha serie de cambios no intestino do mosquito, adoptando a forma infectiva, esta migra ás glándulas salivares do mosquito e ao picar este de novo inocula o parasito. Son pois necesarios un hospedador, o can e un vector o mosquito, para que se transmita a enfermidade. Por iso falamos de que o aumento das temperaturas medias, cusado polo cambio climático, axudará a expansión de esta enfermidade

A sintomatoloxía que pode presentar un animal infectado é moi variable, dende un simple nódulo, ulceración na zona da cabeza, trufa, beizos, orellas, ventre, escroto…ata un cadro mais xeneralizado de perdida de pelo, ulceras en zonas de apoio, descamacións, perdida de peso, diminución da actividade, problemas oculares, articulares, renais, etc.. a enfermidade tende a cronificarse e o cadro vaise complicando, podendo acabar cunha insuficiencia renal en moitas ocasións de consecuencias fatais.

En España, moitos cans atópanse en risco permanente de desenvolver leishmaniose canina. Grazas á vacinación, o teu can utilizará o seu propio sistema  inmunitario para potenciar a súa resistencia ao parasito. A vacinación contra a leishmaniosis é unha maneira nova e diferente de protexer ao teu can.

Ademais a prevención das picaduras por parte do flebotomo é fundamental, para iso existen no mercado múltiples opccións para  evitar as picaduras: dende as tipicas pipetas con repelente, colares repelentes todos eles químicos, pero agora tamén contamos con pipetas colares e sprays con compoñentes naturais como o Neem , geraniol e citronella que son moi efectivos, e o ideal é empregar varios métodos para unha maior protección.

Decimos que aínda a enfermidade non está presente na Terra Chá, pero que sí vemos  animais  xa que hai cans que van o sur de Monforte e o interior de España, Zamora, Toledo e demais, pola tempada de caza, eses cans deben estar moi protexidos xa que poden traer a enfermidade o norte.

Por que falamos de esta enfermidade tanto nos ultimos anos? Pois ben a lehismaniose é unha zoonose, é dicir unha enfermidade que se transmite as persoas  e é por iso que debemos actuar fronte a ela.

Etiquetas