As potencias da alma e os cinco sentidos

Por Ramón Paz Guntín

Resumir…, moi importante para manter unha actitude non fácil de cuestionar…, porque xorden anécdotas dignas de mención e curiosamente satisfactorias, máis ou menos segundo a idade de cada quen. Xa na preadolescencia, período vital correspondente á natureza que a transición esixe aos nenos entre os once e quince anos, producindo bioloxicamente cambios que fisioloxicamente soen ser influentes para e por a conduta dos preadolescentes, progresivamente evolutiva para o desenrolo do sistema cardiovascular, onde a tensión arterial sofre alteracións con reflexos varios sistemáticos incomprendidos polos proxenitores e educadores, confusamente motivados pola malinterpretación unha miguiña desaxeitada.

Adoita dicirse vulgarmente que o saber non ocupa lugar, por iso tan importante foi, é e será estar preparados para exercer como persoas especificamente conscientes, e animicamente formar e asimilar por si e para si mesmas contidos adecuados sistematicamente, que psicoloxicamente xorden para que o pensamento naza, viva e morra con cada quen, enfrontándose coa realidade que esixe convencemento.

Antes, agora e máis despois foi, é e seguirá sendo natural e simbolicamente a causa asociada á conduta, adquirida substancialmente dunha actividade psíquica significativa nun sentido orientativo axeitado ao entendemento xunto coa memoria e a vontade. Estas capacidades foron, son e serán as “potencias da alma”, basicamente indicadas, razoada, comparativa e discretamente homologadas ao pensamento como son a dúbida co convencemento, que concibe, afirma, nega, quere e non quere, imaxina e sente.

Aquel mestre autor do Libro do Xosé ao alumnado recalcaba que fosen coñecedores de conceptos naturais, culturalmente precisos, correctamente axeitados para percibir mentalmente a realidade a través dos clásicos sentidos sen facer comparanzas sensacionais, relativamente conformes, cualitativamente en formas, cores, sons, olores…, illadamente motivos causantes de confusión… Estruturalmente adoitan xurdir obxectivamente sensacións creativas diversas de aprendizaxes condicionadas social e culturalmente.

Derivadamente, os métodos educativos a nivel da práctica implican recorrer aos coñecementos da pedagoxía, que comprende a ciencia dos nenos e as técnicas da educación, coa capacidade de levalos á práctica para desenrolar as calidades físicas e psicolóxicas que os nenos requiren para a súa personalidade e contribúen á adaptación socialmente psicolóxica. A pedagoxía supón o coñecemento da natureza dos nenos, e neste sentido é moi importante a filosofía da educación para superar a concepción da pedagoxía tradicional, que defende que os adultos deben considerar aos nenos uns “pequenos adultos”.

En tódolos casos pasados, presentes e futuros foi, é e seguirá sendo moi importante a percepción socioloxicamente básica, para adquirir coñecementos da realidade a través dun proceso de adquisición de información integrativamente obxectiva, que naturalmente desenrola a coordinación visual; conxuntamente xorden aprendizaxes para que a maduración desenvolva unha función significativa da percepción. A linguaxe aportará profundos cambios nos procesos de percepción que teñen os seres humanos, da que corresponde a outros animaliños e os diferencia a uns doutros na forma de advertir as causas segundo a predisposición de certos datos propiamente imaxinativos, comprensiblemente derivados de experiencias vividas previamente e captadas psicoloxicamente e sensacionalmente. Aquel recordado mestre como autor do Libro do Xosé ao alumnado condicionaba e advertía que fosen capaces de conformar as percepcións para lograr así unha aprendizaxe integramente perceptiva, percibindo e transmitindo simultaneamente características con base en determinados principios de precisión axeitada. Convenientemente a personalidade de cada quen deberá ser posuidora de cautela en tódalas vivencias habidas e por haber, motivadamente polos procesos derivados dos progresos crecentes que a ciencia modela. A concepción humana do mundo xa en tempos lonxanos (escolástica medieval) sostiña que a verdade esixía a participación da razón para interpretar axeitadamente síntomas sucesivamente apropiados aos tempos presentes e futuros, con métodos contemplativos que a natureza antes e despois serán a base da intelixencia, programando consideradamente decisións propiamente dignas de mención.

Protagonizaba ao alumnado aquel mestre autor do Libro do Xosé que a sabedoría fose sempre significativamente esencial e permanentemente distinguida, sensiblemente básica, espiritualmente propia; que a natureza exerce sensiblemente a participación dos cinco sentidos, natural e psicoloxicamente inconfundibles: vista, oído, gusto, olfacto e tacto, receptores que aportan coñecementos necesariamente apropiados para a subsistencia esencialmente precisa, humanamente satisfactoria.

* Colaboración de abril que deixou escrita Ramón Paz, antes do seu pasamento.

Etiquetas