Os gañadores do Certamen Avelino Díaz reciben os seus galardóns

O xurado da terceira edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz fixo entrega dos galardóns aos gañadores deste ano.

Na categoría A, para nenos de 3 a 8 anos, foron premiados tres debuxos. E primeiro lugar o de Claudia Fernández Parente pola obra Canzón de Lúa e Sol. Segunda foi Naiara Arijón Sánchez por Meira no verán, e tercera, Uxía España Vázquez, por Avelino é meu amigo.

Recibiu un accésit Hugo Iglesias Iglesias por A vida na granxa.

Na categoría B, para nenos de 9 a 12 anos os premios en poesía foron para Rut Busto Domínguez, por Mulleres; Ionela Hotopila, por A Inmigración, e Xavier Gómez López, por A Cordillera dos Ancares.

Na categoría C, para os pequenos de 13 a 17 anos só foi premiada Natalia González Gómez, pola obra Eudaimonia Galega. Finalmente, na D, para os maiores de 18 anos, os gañadores foron Natalia Lema Otero, por Ninguén sabe o que calan os amantes; Martiño Maseda Lozano, por Mai e Xosé Otero Canto, por Dor Serodia. Tamén concederon un accésit a Xosé Lastra Muruais por Nena.

Etiquetas