Patricia Otero e José María Arias, candidatos á Secretaría Provincial do PSOE

Concluído o prazo de entrega de avais para concorrer á Secretaría Provincial do PSOE en Lugo, tanto Patricia Otero como José María Arias quedan confirmados como candidatos.

Así pois, tanto a deputada de Burela como o alcalde de Castroverde concorrerán ao proceso que concluirá o vindeiro día 27 coa celebración do congreso provincial.

Trala verificación dos avais presentados por ambos candidatos, o presidente da xestora do PSOE en Lugo, José Antonio Quiroga, sinalou que o proceso está desenvolvéndose con normalidade e que se van cubrindo adecuadamente as fases establecidas no calendario.

Quiroga sinalou que “tras os resultados históricos do PSdeG na provincia de Lugo desde o resultado das eleccións xerais, toca aproveitar as sinerxias do memento actual e fortalecer o socialismo como causa colectiva, e iso é tarefa de todos e de todas”.

Etiquetas