O Concello de Outeiro de Rei arrenda unha parcela para explotación resineira

O Concello de Outeiro de Rei e a empresa Sinergias Sostenibles Resiforest SL, representada por Érika Martínez Carreira, asinaron un contrato que posibilita a esta empresa a explotación resineira dos pinos existentes nunha parcela municipal emprazada no parque empresarial CC1-1ª fase, nas inmediacións do campo de fútbol e próxima ao tanatorio-crematorio de Outeiro de Rei.

Esta iniciativa xurdiu a raíz dun curso promovido nos meses de marzo e abril polo ente local, Curso sobre técnicas de aproveitamento resineiro, que foi impartido pola citada empresa realizándose as prácticas do mesmo na referida parcela. Grazas a este contrato, calquera persoa interesada no tema pode visitar esta parcela e comprobar os traballos de extracción de resina que se extenderán ata os meses de outubro ou novembro, estando previsto que este convenio se poida prorrogar por outras dúas campañas máis.

Etiquetas