Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Lyme

Por 13 Agosto, 2019Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por Breixo Gónzalez

Hoxe imos falar dunha enfermidade que está a encher as paxinas dos diarios galegos , esta enfermidade é a Enefermidade de Lyme ou Borreliose.

A enfermidade de Lyme é unha zoonose (é dicir, unha enfermidade que afecta tanto a animais como a persoas), etá causado , pola bacteria Borrelia burgdorferi  e é transmitida polas carrachas.

A enfermidade de Lyme recoñeceuse en 1976 cando se detectou un grupo de casos en Lyme, Connecticut, e é actualmente a enfermidade asociada con carrachas informada con máis frecuencia nos Estados Unidos.  A enfermidade de Lyme tamén aparece en Europa, en toda a ex Unión Soviética e en China e Xapón. Adoita aparecer no verán e a principios do outono. A maioría dos casos afecta a nenos e adultos novos que viven preto de zonas boscosas.

En Galicia estase vendo que os casos estanse a disparar.

A bacteria penetra na pel no sitio da picadura da carracha. Entre 3 e 32 días despois, o microorganismo migra localmente na pel preto deste sitio, se estesndese por vía linfática producindo adenopatías rexionais (inflamación dos centros linfáticos) ou se disemina no sangue a outros órganos ou a outros sitios da pel. Inicialmente prodúcese unha reacción inflamatoria (eritema migratorio: unha inflamación na pel, no lugar onde picou a carracha, con forma  de dous aneis concéntricos) antes de que haxa unha resposta en anticorpos significativa fronte á infección.

Os seus primeiros síntomas son un eritema migratorio que pode estar seguido, semanas ou meses despois, por anomalías neurolóxicas, cardíacas ou articulares. O diagnóstico adoita ser clínico nas primeiras etapas da enfermidade, pero as probas serológicas poden ser útiles cando aparecen as complicacións cardíacas, neurolóxicas e reumáticas nas etapas avanzadas, e para algúns pacientes, convértese nunha doenza crónica.O tratamento temperán con antibióticos é efectivo.

É moi importante acudir o centro médico a que se retire a carracha e que se trate de xeito axeitado.

O tratamento con antiparasitarios nas nosas mascotas , axuda a crear certa “barreira” fronte as carrachas.

Como curiosidade, o mal de Lymeten historia. Porque Otzi, o ‘Home dos Xeos’, unha momia con 3.300 anos de antigüidade, padeceu está enfermidade, segundo os achádegos forenses practicados. E, para algúns pacientes, convértese nunha doenza crónica.