Skip to main content
ActualidadeBegonte

Declarados dous incendios esta fin de semana en Guitiriz e Begonte

Por 16 Setembro, 2019Sin comentarios

Un grupo de veciños de Guitiriz participou voluntariamente nos labores de extinción dun incendio forestal que se declarou o sábado en Santa Locaia de Parga e no que participaron os servizos de emerxencia.

O lume, que se estima que queimou 7 hectáreas, estabilizouse durante a tarde. Nos traballos de extinción participaron axentes de Medio Rural, medios aéreos e terrestres, brigadas e a Garda Civil, que foron axudados por uns veciños.

O Ministerio de Agricultura e Pesca mobilizou neste incendios un helicóptero Kamov, con capacidade
de carga de auga de 4.500 litros, procedente da base de Ibias (Asturias); tamén desplegou dous avións anfibios de Lavacolla e un ACO de León.

O goberno local do Concello de Guitiriz transmitiu o seu agradecemento “a unha serie de veciños e veciñas pola súa implicacion, xa que se atopaban participando nunha comida veciñal e abandoaron a mesa para axudar nas labores de extinción”.

BEGONTE

O domingo pola tarde declarouse tamén un incendio en Begonte, concretamente na parroquia de Castro, que afectou a unhas 18 hectáreas. Para participar nos labores de extinción mobilizáronse 7 axentes, 1 técnico, 20 brigadas, 13 motobombas, 2 pa, 7 helicópteros e 2 avións.

O lume quedou extingido ás 5.55 da madrugada.