A homenaxe Lúas de Outono a Manuel María será o mércores 25 na Coruña

O vindeiro mércores, 25 de setembro, ás 20.30 a Casa Museo Manuel María celebrará unha nova edición de Lúas de Outono, a homenaxe anual ao escritor que se lle vén realizando desde hai 12 anos na cidade da Coruña e que consistirá nun concerto.

A entrada para presenciar este espectáculo presentado por Xurxo Souto é de balde mais necesítase billete que se pode retirar o mesmo día do concerto na billeteira do Teatro Rosalía Castro entre as 16 e as 20 hrs.

Este ano, aproveitando que hai pouco foron os 50 anos do concerto que se coñeceu como de presentación da Nova Canción Galega, farase un acto de recoñecemento aos cantores e cantoras galegas coa actuació de miro Casabella, Uxía, acompañada por Santi Cribeiro e Sergio Tannus; e Molime, coa voz de Xoán Padín, que xunto Alberte Núñez, Alberto Maceiras e Gumer Freire, conforman o grupo.

Etiquetas