Óscar Santiago repite como arcipreste de Terra Chá

Óscar Santiago, cura que atende varias parroquias no municipio de Guitiriz e tamén no veciño de Baamonde, continuará outros tres anos como arcipreste de Terra Chá. O seu nomeamento foi anunciado, xunto co dos responsables dos outros seis arciprestados nos que se dividen as parroquias do bispado de Mondoñedo-Ferrol.

Tres sacerdotes que estiveron destinados na comarca chairega foron nomeados nesta ocasión Trátase de Cristóbal Rivas, que formou parte da unidade pastoral de Vilalba e foi nomeado responsable do arciprestado de Ortegal-As Pontes, e Juan José Novo, que foi párroco en Guitiriz, pasa a dirixir o de Viveiro. Pola súa banda, Antonio Valín, ex membro da unidade pastoral da capital chairega, continúa como arcipreste de Mondoñedo.

Outro sacerdote con pasado en parroquias da zona rural de Vilalba, era ata o de agora arcipreste de Ribadeo-Miranda. Substitúeo José Pascual Duque, cura de Riotorto.

Etiquetas