Skip to main content
Actualidade

FSF Castro e Vilalba FS proclamáronse campións da Copa Deputación de Fútbol Sala

Por 2 Novembro, 2019Novembro 5th, 2019Sin comentarios

FSF Castro na categoría feminina, e Valdesuso Peugeot Vilalba FS, na masculina, proclamáronse este venres campións da II Copa Deputación de Fútbol Sala trala disputa da fase final do torneo en Sarria.

O vicepresidente e responsable do fútbol sala na Real Federación Galega de Fútbol Pablo Prieto, o vicepresidente na provincia de Lugo da RFGF Carlos Méndez e o deputado provincial de Deportes Efrén Castro entregaron os trofeos ás campioas e campións do torneo que se disputou ao longo da xornada no Pavillón de Sarria e no Pavillón José M. González “O Chanto”, con catro equipos femininos e catro masculinos en liza e unhas gradas ateigadas de público.

O partido máis vibrante da xornada foi a final feminina, un emocionante encontro de rivalidade comarcal entre Vilalba FS e FSF Castro que se resolveu na prórroga (2-3) tralo 2-2 ao final do tempo regulamentario.

Semifinais masculinas

  • CD Lugo Sala – Concello de Begonte FS (4-4 e clasificado Concello de Begonte FS nos penaltis)
  • SD Xove FS – Valdesuso Peugeot Vilalba FS (2-3)

Final masculina

  • Concello de Begonte FS – Valdesuso Peugeot Vilalba FS (1-4)

Semifinais femininas

  • Vilalba FS – Lieders Futsal (1-0)
  • FSF Castro – Pizzería Bahía Monterroso FSF (8-0)

Final feminina

  • FSF Castro – Vilalba FS (2-3)