As Pontes acolle unha charla sobre o programa Fragatas F-110

As Pontes acolleu nas instalacións de Seara unha charla sobre as potencialidades do programa de constucción das fragatas F-110 para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, dirixida ao tecido empresarial do municipio e comarcas.

Nesta charla, presidida polo alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, o director de Navantia, Jorge Filgueira expuxo os datos económicos, en termos de emprego, horas de traballo e inversión, que implican a construcción deste tipo de buques no astaleiro ferrolán.

O alcalde das Pontes calificou o programa como histórico, “o máis grande da empresa Navantia, un programa que suporá unha oportunidade laboral para moitas persoas e tamén unha oportunidade empresarial para moitos dos empresarios e empresarias presentes neste encontro. Falamos dun programa que garante unha carga de traballo durante 10 anos, que pode chegar a crear máis de 7.000 empregos, directos e indirectos, cun importe de 4.300 millóns de euros”

Durante este encontro, tamén se recordou que este programa suporá unha inversión previa de máis dun millón de horas de traballo de enxeñería, con estudos, enxeñería funcional, ou loxística, e enxeñería de construción, planificación e xestión do programa, ás que haberá que sumar máis de 250.000 horas de sistemas e motores, que abrirán múltiples posibilidades de negocio para o tecido empresarial local.

Etiquetas