As Pontes dedica o concerto de Santa Icía á cantante Sabela

As Pontes dedicará o festival de Santa Icía á artista Sabela, natural de Ourol pero veciña das Pontes.
Así, este sábado 23 de novembro conmemorarase na vila a festividade cun concerto organziiado polas agrupacións musicais das Pontes, que decidiron adicar este como homenaxe á artista polo seu labora musical aproveitando o paso pola televisión, no popular programa Operación Triunfo, e pola publicación do primeiro disco estes días.

O festival terá lugar no auditorio Alovi a partir das 19.00 horas e nel participación No Combaro, o Coro infantil do Conservatorio, A Rondalla Vila das Pontes, a Coral Endesa, a Banda Xuvenil de Música das Pontes e a Banda de música das  Pontes.

Etiquetas