O SLG fará unha asamblea informativa sobre o coñecido como ‘cártel do leite’

O Sindicato Labrego Galego celebrará este martes, 26 de novembro en Vilalba unha asamble informativa sobre o sector lácteo para tratar sobre a demanda xudicial contra o o que se vén coñecendo como cártel do leite.

A xuntanza terá lugar ás 16.00 horas no local do SLG, situado na avenida da Terra Chá, 112-120.

O obxectivo é informar sobre as multas da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia ás industrias lácteas por pactar prezos. Trala resolución, agora ábrese un tempo para que as granxas afectadas reclamen os cartos que deixaron de ingresas naquela situación.

A reunión contará coa presenza da equipos xurídica do sindicato para orientar aos gandeiros neste proceso de demanda.

Etiquetas