Skip to main content
Actualidade

Bota a andar o obradoiro de emprego O Castro V

Por 5 Decembro, 2019Sin comentarios

O obradoiro de emprego O Castro V botou a andar nos concellos de Castroverde, Pol, A Pastoriza, Ribeira de Piquín e Riotorto con 20 alumnos traballadores.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste 336.500 neste proxecto que mellorará a cualificación dos participantes de cara á súa inserción no mercado laboral e ademais realizarán obras de mellora en espazos públicos dos oito municipios en beneficio dos veciños e veciñas.

O obradoiro O Castro V inclúe incentivos para a contratación de 8 participantes en empresas da contorna por un prazo mínimo de tres meses ao finalizar o período formativo, para o que se destiñará unha achega adicional de 12.000 euros.

Este taller imparte a especialidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Entre os traballos previstos, en Riotorto figura a poda de aligustres na rúa Alcalde Castrín e tratamentos silvícolas en distintos camiños forestais. Na Pastoriza traballarase na repoboación do monte Mudia, en San Vicente (A Regueira); en Castroverde acometeranse labores de conservación no monte da Granda; e tamén se programan tratamentos silvícolas en camiños forestais de Ribeira de Piquín (en concreto en Boel, de Santalla) e de Pol (camiño de Rioxoán-Valonga ou camiño do Monte do Tombo, en Landriz, entre outros).