Skip to main content
Actualidade

A Xunta promove un programa de formación e emprego para menores de 30 anos e empresas agroalimentarias e da industria 4.0

Por 31 Agosto, 2017Sin comentarios
Balseiro presentaba en Lugo o programa pioneiro 'Emprega Xuventude'.

Balseiro presentaba en Lugo o programa pioneiro ‘Emprega Xuventude’.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria promove un programa pioneiro no ámbito da formación e que, en palabras do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, “servirá para seguir construíndo unha provincia con máis oportunidades”

O dirixente territorial presentou en rolda de prensa esta nova liña de axudas que suporá “un incentivo especialmente beneficioso para provincias como a nosa onde a mocidade, o sector da agroalimentación e a industria 4.0 son un piar importante dentro da economía e da sociedade lucense”

Programa Emprega Xuventude
Trátase dunha experiencia piloto na Comunidade destinada a impulsar a formación e a contratación dos menores de 30 anos sen emprego. O programa combina formación e incentivos á contratación para á mocidade ofrecendo así unha oportunidade de formarse e acceder ao mercado laboral.

Bono de formación
A iniciativa do Goberno galego prevé outorgar ás empresas participantes un bono de formación por importe de 2.000 euros. Isto permitirá que as persoas contratadas poidan formarse nas propias empresas, polo que a adquisición de coñecementos se centrará nas características do posto para o que foi contratado o mozo ou moza. É dicir, a Xunta apoiará un plan de formación que responde ás necesidades e habilitades do propio posto de traballo. Será, polo tanto, unha formación adaptada á demanda real das empresas galegas.

Bono para incentivar a contratación
Por outra banda, parara incentivar a contratación, haberá un segundo bono de 5000 euros -tamén por participante- para empresas de sectores e liñas de negocio empresarial vinculadas á innovación tecnolóxica industrial ou ao sector agroalimentario. Os contratos deberán ter unha duración mínima de 12 meses. Para recibir o bono formación será indispensable que a compañía teña contratado ao mozo ou moza.

As contratacións subvencionables ao abeiro deste programa deben cumprir dous requisitos: Ter unha duración mínima inicial de 12 meses (realizarse desde o 26 de agosto ata o 15 de decembro) e estar formalizadas con persoas desempregadas menores de 30 anos.

Ata o 15 de decembro
O prazo para a presentación das solicitudes de participación comezou esta mesma semana e rematará o 15 de decembro 2017. As solicitudes dos bonos de contratación e formación deberán presentarse como máximo no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.

Empresa 4.0
Como indicou Balseiro os beneficiarios das axudas son todo tipo de empresas, con independencia da súa fórmula xurídica, vinculada aos sectores agroalimentario e da industria 4.0, ambos de especial incidencia da provincia.

Dentro de este concepto de industria 4.0 están, por exemplo, sectores estratéxicos e emerxentes ou de alto potencial ou vinculados aos produtos do mar e acuicultura, enerxías renovables, madeira/Forestal, pedra natural, téxtil-moda, aeronáutico, industria da saúde e do benestar, biotecnoloxía, ecoindustria e TIC, entre outras, tamén con gran pese nesta provincia.

Para rematar Balseiro lembrou que, con datos oficiais do mes de xullo, hai 951 lucenses menores de 25 anos en paro, deles 477 son homes e 474 mulleres potencias beneficiarios deste programa.