Skip to main content
Actualidade

A Xunta subvenciona a contratación de 18 persoas que perciben a Renda de Integración Social de Galicia para reforzar servizos en sete concellos chairegos

Por 22 Setembro, 2017Sin comentarios

A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvencionará a contratación de 145 persoas que perciben a Risga (Renda de integración social de Galicia) na provincia, que pasarán a traballar en diversos servizos de competencia municipal.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 1.279.000 euros ao financiamento dos contratos, dos que se benefician 37 concellos de Lugo.

Balseiro subliñou que “todos os concellos que o solicitaron recibiron o apoio da Xunta para realizar contratos ao abeiro deste programa, que ten como principal obxectivo favorecer a inserción laboral destas persoas e evitar a súa cronificación nunha situación de exclusión”.

Os beneficiarios desta iniciativa serán aqueles perceptores da RISGA que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Entre eles, terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou dispoñan de máis de 45 anos.

O delegado incidiu en que para as 145 persoas que se incorporarán aos seus postos de traballo nos concellos “esta é unha oportunidade de ingresar no mercado laboral” e para as entidades locais “un reforzo para impulsar obras ou servizos de utilidade e interese social”.

Balseiro lembrou que, en todo caso, o obxectivo prioritario é mellorar a empregabilidade dos colectivos máis vulnerables, “partindo da premisa de que a mellor política social é o emprego”.

A relación de concellos chairegos beneficiados e do número de traballadores que poderán contratar é a seguinte:

Castro de Rei: 2
Outeiro de Rei: 2
Friol: 2
Begonte: 4
Vilalba: 5
A Pastoriza: 1
Xermade: 2