Skip to main content
ActualidadeCospeitoLugo

A Xunta impulsa o undécimo Outono Gastronómico no que participa unha casa de turismo rural chairega

Por 27 Setembro, 2017Setembro 28th, 2017Sin comentarios
O delegado territorial presentaba o Outono Gastronómico na provincia.

O delegado territorial presentaba o Outono Gastronómico na provincia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou este mércores os programas que promove Turismo de Galicia na tempada outonal co obxecto de potenciar a oferta turística na provincia de Lugo e reforzar este sector como piar fundamental da economía lucense.

En concreto o representante do Executivo galego na provincia salientou que nos vindeiros meses Lugo acollerá o desenvolvemento da 11ª edición do Outono Gastronómico e a ruta de trens turísticos Lugo Romano, dúas iniciativas que ademais contribuirán a afondar na liña de desestacionalización da demanda turística, que foi un dos retos fixados na Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento acordado entre a Xunta e o sector que recolle os compromisos, retos e as oportunidades neste eido.

Unha vintena de casas rurais participantes
No tocante á primeira das iniciativas presentadas, o Outono Gastronómico, trátase da exitosa proposta de turismo rural que se celebra vén celebrando desde o 15 de setembro e que se desenvolverá ata o 17 de decembro na Comunidade. Unha vintena de casas rurais forman parte desta consolidada iniciativa, na que se combinan restauración e aloxamento con modalidades e prezos moi atractivos. No caso da comarca chairega participa Casa Condiño.

Balseiro explicou que os establecementos participantes ofrecerán dos menús diferentes, con produtos galegos de recoñecida calidade, deseñados especificamente para este fin. Ademais, co fin de adaptarse aos gustos e ás necesidades dos diferentes tipos de viaxeiros, propóñense as modalidades Menú Outono Gastronómico sen pernoitar, Paquete Outono Gastronómico para unha noite, Fin de semana Outono Gastronómico para dúas noites e Fin de semana familiar Outono Gastronómico para dúas noites con nenos. Todas as opcións ofértanse tanto en habitación dobre como en individual, e con tarifas que oscilan entre os 30 e os 300 euros.

O delegado destacou que esta folla de ruta está a dar os seus froitos tamén no turismo rural, pois nos sete primeiros meses deste ano medrou máis dun 7% segundo os datos do Instituto Nacional da Estatística (INE).

Galicia a todo tren
Por outra banda o delegado tamén explicou que o tren Lugo Romano sairá desde A Coruña (con achegamentos gratuítos desde Santiago de Compostela) o vindeiro sábado, 30 de setembro e o 28 de outubro, e inclúe visitas á Casa dos Mosaicos e ao Centro de Interpretación da Muralla, que é Patrimonio Mundial, ademais dunha estancia no Balneario de Lugo.

Os billetes poderán adquirirse a través da web de Renfe e nas estacións, con prezos de 40€ (adultos) e 20€ (nenos). Os interesados atoparán completa información na páxina turismo.gal

“Por primeira vez, as locomotoras non se deteñen co fin do verán, senón que seguen acesas en setembro e outubro con novos destinos e propostas co turismo urbano e de compras, a cultura e o termalismo como eixos”, explicou Balseiro

Trátase ademais da continuación dun programa que acadou unha gran acollida e valoración polo público participante como son as rutas dos trens turísticos e, de feito, así o demostran os outros dous itinerarios que percorreron a provincia de Lugo como foron a Ruta dos Faros e o Tren do Viño Ribeira Sacra que este verán esgotaron os seus billetes.

Balance da época estival
O delegado territorial rematou facendo un balance do verán indicando que, cos datos aínda por pechar, Lugo e Galicia acadaron máximos históricos de viaxeiros e, todo apunta, a que se baterá ese record.

De feito durante o verán (con datos aínda non definitivos pois o venres coñeceremos turismo rural, campings e outros establecementos distintos de hoteis) a provincia recibiu 197.402 viaxeiros, incrementáronse as pernotas nun 3,5% e o tempo medio de estancia nun 5,9% e a ocupación creceu tamén 1,23%

A maiores, con datos xa pechados da oficina de turismo que a Xunta de Galicia ten na capital da provincia. Durante este verán rexistraron un crecemento continuo e sustentable no número de visitantes. Nos tres últimos meses 6.882 persoas recibiron información nesta oficina. O perfil foi dun visitante español (90%) sobre o estranxeiro (10%), son sobre todo madrileños (23,7%), e catalás (15,3%) e Italianos (20%) e franceses (15,3%).