Skip to main content
AbadínActualidade

O Concello de Abadín mellora estradas municipais e dota de servizos a nova casa consistorial

Por 7 Novembro, 2017Novembro 23rd, 2017Sin comentarios

Trala pavimentación con aglomerado en quente en varias parroquias de Abadín con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, o Concello vén de adxudicar agora máis proxectos de cara á mellora da rede viaria municipal incluídos no Plan Único da Deputación.

As intervencións suporán a aplicación de aglomerado en quente con 5 cm de espesor e o acondicionamento de gabias en zonas de Espiñarcao, Abeledo, As Goás, Baroncelle e A Graña.

Nova Casa do Concello de Abadín

Nova Casa do Concello de Abadín.

Aos 217.924 euros que supoñen estas melloras hai que engadir 105.590 euros para distintas actuacións de cara ao subministro e colocación de falsos teitos, revestimentos interiores, carpintería de madeira, aparatos sanitarios e o revestimento de escaleiras interiores da nova Casa do Concello.

Outras melloras

O Concello, con axuda de Agader, remataba recentemente as obras de mellora no Centro de Día. Trátase da reforma do almacén no planta baixa e o acondicionamento dunha nova sala na planta superior que supuxeron o investimento de arredor de 70.000 euros.

Tamén está a acometer o Concello obras de saneamento en Gontán, no paseo da Roxica. E proximamente prevé adxudicar a reforma do Punto de Atención á Infancia.